Saltar ao contido

Incitatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIncitatus

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoHispania Editar o valor en Wikidata
Cónsul romano
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Nuttall Encyclopædia >>>:Incitatus Editar o valor en Wikidata

Incitatus foi o cabalo favorito do emperador romano Calígula, cabalo de carreiras de orixe hispana. Vivía nunha corte de mármore con presebe de marfil ata que Calígula mandou construír unha vila para o seu uso exclusivo, con 18 serventes para o seu coidado. Durmía con mantas purpúreas e levaba colares de pedras preciosas. Cóntanos Suetonio que o emperador puxérao na lista de senadores e queríao nomear cónsul.

Incitatus participaba nas competicións celebradas en Roma, e a noite antes de cada competición Calígula durmía con el e decretaba silencio xeral en toda a cidade. Quen non cumprise podía ser condenado a morte.