Incendio da catedral de Notre-Dame de París
O 15 de abril de 2019, pouco antes das 18:50 CEST, un lume comezou no teito da catedral de Notre-Dame en París, Francia, causando danos significativos na construción. O chapitel e o tellado da catedral colapsaron, e producíronse danos considerables no interior, muros superiores e fiestras, así como numerosas obras de arte.[1][2] Porén, a bóveda de pedra do teito impediu que o lume se espallase polo interior dos baixos da catedral. O presidente francés Emmanuel Macron anunciou a creación dunha campaña nacional de recollida de fondos para restaurar Notre-Dame.[3][4]
Contexto
[editar | editar a fonte]A construción da catedral de Notre-Dame de París comezou no século XII, usando cachotaría de pedra para os muros e a bóveda, e madeira para o tellado principal e o icónico chapitel. O chapitel foi unha recreación do século XIX, en carballo recuberto con chumbo, xa que o chapitel orixinal fora eliminado en 1786.[5]
Nos anos anteriores ó incendio, a catedral comezara a amosar unha deterioración significativa, xa que algúns dos elementos de pedra caeran. Philippe Villeneuve, arquitecto en xefe de Monumetos Históricos en Francia, declarou en xullo de 2017 que a "polución era o principal culpable".[6] En 2014, o Ministerio de Cultura estimou o custo dos traballos de renovación en 150 millóns de euros.[7]
En 2016, a arquidiocese de París fixo un chamamento para recadar 100 millóns de euros ó longo dos seguinte cinco a dez anos para asumir os custos de mantemento e restauración.[6] No momento do lume, estábanse a realizar renovacións no chapitel, cun custo estimado de 6 millóns de euros.[8][9] Para iso, erixíronse estadais de ferro no tellado e arredor do chapitel. As estatuas de pedra, cobre e bronce, incluíndo estatuas dos doce apóstolos que rodeaban a base do chapitel, foran retirados do sitio días antes do incendio como parte das renovacións.[10][11]
Lume
[editar | editar a fonte]Crese que o lume comezou no ático da catedral,[12] arredor das 18:50 CEST, preto do remate do día, cando a catedral estaba aberta a turistas. Estaba programada unha misa sobre esa hora, entre as 18:15 e as 19:00.[13] Segundo testemuñas na escena, as portas da catedral pecháronse abruptamente cando tentaron entrar, e un fume branco comezou a extenderse dende o teito.[14] O fume converteuse en negro, indicando que estaba a ocorrer un lume máis grande.[14] A policía e outras forzas de seguridade evacuaron axiña Île de la Cité, e a cidade pechou o acceso á illa.[14][15][16] A xente reuniuse arredor das beiras do Sena e nos edificios achegados para ver.[14]
Traballos de extinción
[editar | editar a fonte]Un voceiro da brigada de bombeiros de París anunciou que arredor de catrocentos bombeiros estiveron involucrados na extinción.[17][18][12][14][19][20] A posibilidade de extinción aérea foi rexeitada, xa que o peso da auga e a intensidade da caída a baixa altura poderían debilitar a estrutura da catedral.[21] O persoal de emerxencia tratou de salvar a arte e os artefactos relixiosos gardados na catedral. Segundo un voceiro da catedral, algunhas das obras de arte xa se retiraran antes das renovacións e a maioría das reliquias sagradas estaban gardadas na sancristía.[5] Descoñécese se as reliquias que non foron trasladadas sobreviviron ó incendio.[12] A policía de París declarou que non houbo ningunha vítima mortal,[1][12] mais un dos bombeiros e dous axentes de policía saíron feridos.[22][12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 El-Bawab, Nadine (15 de abril de 2019). "Paris’ Notre Dame ‘saved from total destruction,’ French fire official says, after blaze ravages cathedral". CNBC. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ Le Monde, ed. (15 de abril de 2019). "La cathédrale Notre-Dame ravagée par les flammes" (en francés). Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "The Latest: French leader vows to rebuild damaged Notre Dame". AP News. 15 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ Chrisafis, Angelique; Henley, Jon (16 de abril de 2019). The Guardian, ed. "Notre Dame fire: Macron pledges to rebuild devastated Paris cathedral". ISSN 0261-3077. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 McAuley, James; Whitt, Griff (15 de abril de 2019). The Washington Post, ed. "Notre Dame Cathedral spire collapses as Paris monument is consumed by fire". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 Walt, Vivienne (27 de xullo de 2017). "Notre Dame Cathedral Is Crumbling. Who Will Help Save It?". Time. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ Horgan, Rob (15 de abril de 2019). "Notre-Dame fire: Blaze breaks out amid renovations at 12th century cathedral". New Civil Engineer. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "Fire breaks out at top of Notre Dame Cathedral in Paris". independent.ie. 15 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "Notre Dame was undergoing $6.8 million renovation when massive fire broke out". CBS News. 15 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Notre-Dame Cathedral spire in Paris collapses, engulfed in flames". CBC News. Thomson Reuters. 15 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ Buncombe, Andrew (15 de abril de 2019). The Independent, ed. "Notre Dame's historic statues safe after being removed just days before massive fire". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 The New York Times, ed. (15 de abril de 2019). "What We Know and Don’t Know About the Notre-Dame Fire". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Événements pour avril 2019". Notre Dame de Paris. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Nossiter, Adam; Breeden, Aurelien (15 de abril de 2019). The New York Times, ed. "Notre-Dame Cathedral in Paris Catches Fire". ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Notre-Dame: Massive fire ravages Paris cathedral". BBC News. 15 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ El País, ed. (15 de abril de 2019). "La catedral de Notre Dame de París sufre un importante incendio" (en castelán). ISSN 1134-6582. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ Berlinger, Joshua (16 de abril de 2019). "Why the Notre Dame fire was so hard to put out". CNN. Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "Notre Dame Cathedral engulfed by fire". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "400 firefighters mobilized for Notre Dame blaze". CNN. 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "Fire at Notre Dame Cathedral under control; firefighters have saved cathedral's towers". NewsChannel5 Nashville. CNN. 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ The Guardian (ed.). "Cathedral fire under control after spire and roof destroyed – as it happened". Consultado o 16 de abril de 2019.
- ↑ "Notre-Dame fire: Macron pledges to reconstruct cathedral". BBC News. 16 de abril de 2019. Consultado o 16 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Incendio da catedral de Notre-Dame de París |