Inês Zuber
Nome orixinal | (pt) Inês Cristina Zuber |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de marzo de 1980 (44 anos) Évora, Portugal |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Comunista Portugués 1 de xullo de 2014 – 30 de xaneiro de 2016 – João Pimenta Lopes (pt) → Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Electa en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Comunista Portugués 18 de xaneiro de 2012 – 30 de xuño de 2014 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política, socióloga |
Partido político | Coalición Democrática Unitaria |
Inês Cristina Zuber, nada en Évora o 18 de xaneiro de 1980, é unha política portuguesa, ex deputada do Parlamento Europeo, electa nas listas da Coalición Democrática Unitaria, para as que foi nomeada polo Partido Comunista Portugués, que na súa vez integra o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Socioloxía Urbana e Participación Política. Bolseira de investigación na Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa, foi Asistente de Investigación no CIES-IUL . É membro da Dirección da Asociación de Bolseiros de Investigación Científica (ABIC) [1].
Actividade política
[editar | editar a fonte]Como militante da Xuventude Comunista Portuguesa, foi participante da Comisión Política e do Secretaríado da Dirección Nacional.
Membro do Partido Comunista Portugués, estivo no Comité Central deste partido, onde asumiu as responsabilidades de Vicepresidenta da Comisión de Emprego e dos Asuntos Sociais e da Delegación para as Relacións cos Países Centroamericanos. É membro do Organismo de Direcção da Cidade de Lisboa do PCP.
Foi electa na Asemblea da Freguesía de São Paulo na cidade de Lisboa.
Eurodeputada
[editar | editar a fonte]Convértese en deputada europea en 2012, substituíndo a Ilda Figueiredo como parte do programa de renovación do cuadros do Partido Comunista Portugués [2].
Elixida europarlamentaria por Portugal nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 polas listas da CDU, nas que apareceu en segunda posición tras o cabeza de lista João Ferreira [3].
Renunciou ao cargo de eurodeputada ante a falta de baixa por maternidade no Parlamento Europeo que permitise unha substitución temporal, sendo substituída definitivamente no cargo por João Pimenta Lopes, tamén do PCP [4].
Foi Coordinadora do GUE/NGL na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero e da Delegación na Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana.
- Cargos no Parlamento Europeo
- Vicepresidenta da Comisión de Emprego e Asuntos Sociais entre 2012 e 2014;
- Vicepresidenta da Delegación de Relacións cos Países Centroamericanos entre 2012 e 2014;
- Vicepresidenta da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero entre 2012 e 2014;
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Inês Zuber deputada do PCP no Parlamento Europeu; João Ferreira assume Vice Presidência do GUE/NGL.". Rostos. Consultado o 18-1-2022.
- ↑ Lusa. "Inês Zuber substitui Ilda Figueiredo no Parlamento Europeu em Janeiro". Público (en portugués). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "A CDU divulga mais candidatos às Eleições para o Parlamento Europeu". Partido Comunista Português (en portugués). Consultado o 2022-01-18.[Ligazón morta]
- ↑ Lusa. "Pimenta Lopes substitui Inês Zuber no grupo parlamentar europeu do PCP". Público (en portugués). Consultado o 2022-01-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inês Zuber |