Inés Francisca de Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaInés Francisca de Zúñiga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XVII Editar o valor em Wikidata
Morte1710 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCondado de Monterrei (1653–1710) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeJuan Domingo Méndez de Haro y Fernández de Córdoba
PaisFernando de Fonseca  e Isabel de Zúñiga Fonseca

Inés Francisca de Zúñiga foi unha nobre galega da Casa de Zúñiga, VII condesa de Monterrei. Foi tamén IV condesa de Ayala, IV condesa de Fuentes de Valdeperro, II marquesa de Tarazona e baronesa de Maldeghein.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois da morte sen descendeincia do seu tío Manuel de Zúñiga Acevedo, VI conde de Monterrei, o título acabou recaendo nela ao ser a única pretendente adulta cunha reclamación sólida ao título.[1]

Casou en 1657 con Juan Domínguez de Haro, fillo do valido de Filipe IV Luis Méndez de Haro y Guzmán. Acompañou o seu marido en Bruxelas entre 1670 e 1675 mentres este foi gobernador dos Países Baixos españois. Despois da morte do rei Carlos II, mostraron o seu apoio ao pretendente dos Habsburgo, o arquiduque Carlos.

Inés Francisca morreu sen descendencia en 1710, durante a Guerra de Sucesión Española. O condado de Monterrei e os seus outros títulos pasaron entón a súa sobriña política, Catalina de Haro y Enríquez, esposa de Francisco Álvarez de Toledo Silva, X duque de Alba.

Predecesor:
Manuel de Zúñiga Acevedo
Condesa de Monterrei
1653 - 1710
Sucesor:
Catalina de Haro Guzmán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Cuerva 2018, p. 127-128.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]