Imperio khmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Debuxo de Delaporte de como viu a cidade sagrada en 1880.

O Imperio khmer[1] (en khmer: ចក្រភពខ្មែរ, ) ou Imperio de Angkor foi un poderoso reino cuxo territorio central corresponde co que hoxe en día é o Reino de Camboxa no sueste asiático, pero que tamén comprendía os territorios dos modernos países de Tailandia, Laos, Vietnam, parte de Birmania e Malaisia. O imperio xurdiu como unha escisión dos reinos de Chenlá e Funán e tivo como centro a Cidade Sacra de Angkor, hoxe cidade de Siem Riep, ó norte do lago Sap. O seu esplendor e a enorme riqueza arqueolóxica e cultural son a inspiración nacional dos seus directos descendentes, a maioría deles khmer presentes sobre todo en Camboxa, pero en maior ou menor medida nos países circundantes tamén.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e crecemento[editar | editar a fonte]

A xénese do que sería o poderoso Imperio khmer daríase xa dende o século I coa presenza de elementos culturais, militares e relixiosos da India. Até o século VII, o territorio do sueste asiático organizaríase politicamente en tribos das cales xurdirían dous misteriosos reinos que aínda constitúen unha incógnita para a historia e a arqueoloxía: Chenlá e Funán. A invasión que fixo Indonesia durante o século VII ó sueste asiático sería motivo de unidade política definitiva despois da independencia liderada polo carismático descendente de Kambu Svayambhuva, fundador da cultura khmer: Jayavarman II, o deus-rei.

Segundo un monumento conmemorativo nas ruínas de Sdok Kok Thom de 1052, a 25 km de Sisofon, Jayavarman II fundou catro capitais, sendo estas as cidades de Indrapura, no delta do río Mekong; Hariharalaya (hoxe en día Roluos), na chaira de Angkor; Amarendrapura, na zona do templo-montaña de Ak Yum, actualmente recuberta en gran parte polo barai occidental; e Mahendrapura, no macizo montañoso de Phnom Kulen. Así, unificou Camboxa e celebrou a súa coroación no ano 802, nun rito sacro realizado polo bráhmana Shivakaivalya na montaña de Phnom Kulen, que o declarou rei sobre todos os outros monarcas e árbitro absoluto de todo o reino, co poder conferido por Shiva.

Notas[editar | editar a fonte]