Impaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Impaya foi unha cidade do reino de Kuwaliya (Mira-Kuwaliya).

Historia[editar | editar a fonte]

Sobre o -1320 Arzawa atacou o reino de Kuwaliya (a parte do reino de Mira e Kuwaliya que permanecía en mans de Mashwiluwa, que era cuñado de Mursilis II en guerra contra Arzawa) e o primeiro ataque foi sobre a cidade de Impaya. Mashwiluwa rexeitou os atacantes pero non os derrotou, e o rei de Arzawa atacou entón Hapanuwa, a capital.

Foi incorporada aos dominios directos hititas en tempo de Mursilis III.