Illotes dos Apóstolos
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 2,011 km² | |||
Bañado por | Océano Índico | |||
Punto máis alto | Mount Pierre (en) (292 m) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Os Illotes dos Apóstolos (en francés: Îlots des Apôtres) son un conxunto de illotes incluídos no arquipélago das illas Crozet, que á súa vez forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Son un total de 19 illotes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os illotes forman parte do grupo occidental do arquipélago, situados a 10 quilómetros ao noroeste da Illa dos Porcos, a maior do conxunto. Hai unha illa principal, chamada a grande (Grande Île), así como unha secundaria ou pequena (Petite Île), ademais dun total de 17 elevancións rochosas sobre o nivel do mar, entre as que suman 2 quilómetros cadrados.
As illas son moi escarpadas. A Illa Grande ten unha altitude de 289 metros, mentres que aIlla Pequena chega aos 246 metros. Dous dos illotes rochosos alcanzan os 110 metros.
Actividade volcánica
[editar | editar a fonte]As illas se enclavan nunha falla, en dirección nordés-suroeste. Sobre a Illa Grande obsérvanse as brechas nos bloques e os restos das columnas de lava, probablemente basáltica. Estímase que a actividade volcánica tivo lugar fai entre 2´6 e 5´5 millóns de anos, no medio Plioceno.
Illas
[editar | editar a fonte]Illas e rocas do conxunto (19 en total), de norte a sur e segundo os seus nomes orixinais franceses:
# | Illa ou Roca | Área (ha) |
---|---|---|
1 | Rocher Nord | 6.0 |
2 | L’Enclume | 1.5 |
3 | Grande Île | 150.0 |
4 | Le Clown | 0.4 |
5 | La Sentinelle perdue | 0.2 |
6 | Les Jumeaux | 0.5 |
7 | Rocher Fendu | 3.0 |
8 | Petite Île | 30.0 |
9 | Les Sentinelles du Diable | 1.0 |
10 | La Grande Aiguille | 1.0 |
11 | La Petite Aiguille | 0.2 |
12 | Le Hangar | 1.5 |
13 | Le Donjon | 2.5 |
14 | (Roca sen nome) | < 0.1 |
15 | Rocher Sud | 1.5 |
16 | Le Torpilleur | 0.1 |
17 | Le Caillou | 0.4 |
18 | L'Obélisque | 0.3 |
19 | Rocher Percé) | 1.0 |
Illotes do Apóstolos (Îlots des Apôtres) | 201.1 |
Historia
[editar | editar a fonte]Os Illotes dos Apóstolos son tristemente soados polo nafraugio do Strathmore, a noite do 2 de xullo de 1875, que efectuaba a súa viaxe inaugural entre Reino Unido e Nova Zelandia. Morreron 44 das 89 persoas que ían a bordo. As que sobreviviron tiveron que facer fronte a 205 días de privacións, fame, sede e ata promiscuidade. O 21 de xuño de 1876 os 38 sobreviventes foron rescatados polo navío Young Phoenix.
O historiador neozelandés Ian Church narrou a aventura en 1985, no seu libro Survival on the Crozet Island.