Illotes dos Apóstolos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illotes dos Apóstolos
Vista da illa
Datos
Capital
País Francia
Localización Océano Índico
Arquipélago Crozet
Linguas
Poboación (2009) Deshabitados
Superficie 2,011 km²
Densidade
Coordenadas Coordenadas: 45°58′00″S 50°27′00″L / -45.966666666667, 50.45
Maior Altura 289 m. Mont Pierre
Localización
Localización da illa

Os Illotes dos Apóstolos (en francés: Îlots des Apôtres) son un conxunto de illotes incluídos no arquipélago das illas Crozet, que á súa vez forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Son un total de 19 illotes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Os illotes forman parte do grupo occidental do arquipélago, situados a 10 quilómetros ao noroeste da Illa dos Porcos, a maior do conxunto. Hai unha illa principal, chamada a grande (Grande Île), así como unha secundaria ou pequena (Petite Île), ademais dun total de 17 elevancións rochosas sobre o nivel do mar, entre as que suman 2 quilómetros cadrados.

As illas son moi escarpadas. A Illa Grande ten unha altitude de 289 metros, mentres que aIlla Pequena chega aos 246 metros. Dous dos illotes rochosos alcanzan os 110 metros.

Actividade volcánica[editar | editar a fonte]

As illas se enclavan nunha falla, en dirección nordés-suroeste. Sobre a Illa Grande obsérvanse as brechas nos bloques e os restos das columnas de lava, probablemente basáltica. Estímase que a actividade volcánica tivo lugar fai entre 2´6 e 5´5 millóns de anos, no medio Plioceno.

Illas[editar | editar a fonte]

Illas e rocas do conxunto (19 en total), de norte a sur e segundo os seus nomes orixinais franceses:

# Illa ou Roca Área
(ha)
1 Rocher Nord 6.0
2 L’Enclume 1.5
3 Grande Île 150.0
4 Le Clown 0.4
5 La Sentinelle perdue 0.2
6 Les Jumeaux 0.5
7 Rocher Fendu 3.0
8 Petite Île 30.0
9 Les Sentinelles du Diable 1.0
10 La Grande Aiguille 1.0
11 La Petite Aiguille 0.2
12 Le Hangar 1.5
13 Le Donjon 2.5
14 (Roca sen nome) < 0.1
15 Rocher Sud 1.5
16 Le Torpilleur 0.1
17 Le Caillou 0.4
18 L'Obélisque 0.3
19 Rocher Percé) 1.0
Illotes do Apóstolos (Îlots des Apôtres) 201.1

Historia[editar | editar a fonte]

Os Illotes dos Apóstolos son tristemente soados polo nafraugio do Strathmore, a noite do 2 de xullo de 1875, que efectuaba a súa viaxe inaugural entre Reino Unido e Nova Zelandia. Morreron 44 das 89 persoas que ían a bordo. As que sobreviviron tiveron que facer fronte a 205 días de privacións, fame, sede e ata promiscuidade. O 21 de xuño de 1876 os 38 sobreviventes foron rescatados polo navío Young Phoenix.

O historiador neozelandés Ian Church narrou a aventura en 1985, no seu libro Survival on the Crozet Island.