Illas da Decepción
| Tipo | arquipélago | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Tuamotu | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Polinesia Francesa, Francia | |||
| ||||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Superficie | 14 km² | |||
As illas da Decepción (en francès Îles du Désappointement) é un grupo de dous atois das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Son os atois de Napuka e Tepoto Norte, situados ao norte do arquipélago. En ocasións inclúese no grupo o atol Puka Puka, máis afastado e illado e culturalmente diferenciado.
O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Eran as primeiras illas que atopaba no Pacífico, pero non puido desembarcar e chamou ao grupo Disappointement Islands. Previamente Magalhães atopara en 1521 a illa de San Pablo (Puka Puka) e chamara aos grupos de atois como Infortunate (desafortunadas).
Culturalmente forman unha das sete áreas lingüísticas do Tuamotu.
Comuna de Napuka
[editar | editar a fonte]Administrativamente as illas da Decepción forman a comuna de Napuka que inclúe a comuna asociada de Tepoto:
| Illas | Habitantes (censo 1996) | Superficie (km²) |
|---|---|---|
| Napuka | 319 | 8 |
| Tepoto | 65 | 4 |
| TOTAL | 384 | 12 |
