Illa do Portichol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa do Portichol, unha das escasas illas do litoral valenciano.

A Illa do Portichol (Illa del Portitxol) é unha illa do mar Mediterráneo, pertencente á Provincia de Alacant.

características[editar | editar a fonte]

Illa maciza de forma redonda cunha superfice de 8'3 hectáreas situada a poucos metros do cabo da Nao, en Xàbia. A súa orografía é montuosa e rochosa, chegando a alcanzar os 75 metros de altura, a pesar do cal chegou a estar en tempos habitada periodicamente, habéndose atopado ata enterramentos e importantes restos arqueolóxicos da época romana. Na súa parte máis alta existe unha pequena construción e toda a illa está atravesada por carreiros feitos por excursionistas.