Illa de Santa Marina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación da Illa de Santa Marina en Cantabria

Illa de Santa Marina é a maior das reducidas illas de Cantabria (España), cunha extensión de 18'5 hectáreas. Está preto da costa do municipio de Ribamontán al Mar, ao leste da boca da baía de Santander. O seu aspecto é alargado e completamente chairo, cuberta de pradería e carente de construcións. As rocas que a circundan fana inabordable, e é moi coñecida entre os practicantes do windsurf, debido ás boas ondas que adoitan crecer nas súas inmediacións.