Illa de Port Lligat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Illa de Port-Lligat é unha illa da provincia de Xirona (España) Situada en fronte da península de Cadaquès, separada de terra por unha canle de pouco máis de 30 metros, en fronte do burgo de pescadores de Port Lligat. A súa superficie é de 8'4 hectáreas de terra bastante chaira. Posúe algunha cala e unha praia na zona que mira á canle, a cal permite a fácil abordaxe á illa. Esta conta con camiños feitos polos excursionistas e vense restos de vellas construcións. Esta illa é mundialmente coñecida por ser reproducida en varias obras de Salvador Dalí.