Illa Waiheke
Illa Waiheke | |
---|---|
![]() | |
![]() Localización de Waiheke | |
Situación | |
País | Nova Zelandia |
Coordenadas | 36°48′S 175°06′L / -36.800, -175.100Coordenadas: 36°48′S 175°06′L / -36.800, -175.100 |
Xeografía | |
Superficie | 92 km² |
Punto máis alto | 231 m. Maunganui |
Demografía | |
Poboación | 7.689 (2006) |
A illa Waiheke atópase situada no golfo de Hauraki, a 35 minutos de viaxe por transbordador ata Auckland, en Nova Zelandia.
A illa mide 19,3 km de longo, de leste para oeste, variando o seu ancho entre 0,64 km ata 9,65 km. A súa superficie total é de 92 km².
Ten costas por unha extensión de 133,5 km, que inclúen 40 km de praias. Dentro do golfo de Hauraki, é a segunda illa máis grande, logo da illa Gran Barreira, sendo a máis popular e accesible contando con transbordadors regulares e servizos aéreos.
O porto de Matiatia, situado no extremo oeste da illa está a 17,7 km de Auckland e o extremo leste está a 21,4 km da península de Coromandel.
A illa Waiheke ten unha gran cantidade de outeiros con algunhas partes baixas. O punto máis alto está en Maunganui a 231 metros.
O clima é en xeral máis cálido que Auckland con menos humidade e choivas e máis horas con luz de día. Ten unha poboación permanente de 7.000 habitantes aproximadamente.