Illa Gran Barreira
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Auckland, Nova Zelandia | |||
| ||||
Bañado por | Golfo de Hauraki (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 627 m | |||
Dimensións | 18 () × 35 () km | |||
Punto máis alto | Mount Hobson (en) (627 m ) | |||
Superficie | 285 km² | |||
Santuario internacional do ceo estrelado | ||||
Data | 2017 | |||
A illa Gran Barreira (Great Barrier Island) atópase situada a 88 km ao nordés de Nova Zelandia, fronte ao Golfo de Hauraki. O seu nome en maorí é Aotea, que significa nube branca.
Ten unha lonxitude de 35 km de norte a sur. A entrada ao golfo realízase por dúas canles, situados un a cada lado da illa: ao sur, a canle Colville sepáraa do cabo Colville, situado no extremo norte da península de Coromandel, e a canle Cradock separa esta illa doutra menor chamada illa Barreira Cativa, situada ao oeste.
Ocupa unha área de 285 km², sendo a cuarta de maior superficie en Nova Zelandia, logo da illa Sur, a Norte e illa Stewart. Ten unha poboación permanente de aproximadamente 850 habitantes, a maioría en zonas costeiras como Porto Fitzroy e Okupu. O maior asentamento desta illa atópase no porto Tryphena, ao sur da illa. A poboación aumentou nos últimos anos xunto co valor das propiedades.
Hai 3 escolas primarias na illa, aínda que non existen colexios secundarios, polo que os estudantes deben cursar os seus estudos secundarios nas illas principais ou facelo por correspondencia.
A pesar de que a illa tecnicamente forma parte de Auckland, ten en común con outras das illas certa flexibilidade nas normas que regulan as actividades cotiás. Por exemplo, os servizos de transporte público das illas Gran Barreira, Chatham e Stewart están exentos das regulacións na sección 70C do Acta de Transporte de 1962 (que estipula que os choferes deben levar un rexistro das súas horas de traballo). Os condutores suxeitos á sección 70B deben, no entanto, levar algún tipo de rexistro das súas horas de traballo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Gran Barreira |