Illa Socorro
| Tipo | volcán illa volcán escudo | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Revillagigedo | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Estado de Colima, México | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Composto por | |||||
| Características | |||||
| Altitude | 920 m | ||||
| Dimensións | 15,6 ( | ||||
| Punto máis alto | monte Evermann | ||||
| Superficie | 131,861 km² Patrimonio da Humanidade: 225.701 ha zona de protección: 14.186.420,2027 ha | ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
| Data | 2016 (40ª Sesión) | ||||
| Identificador | 1510-001 | ||||
| Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
| Illa San Benedicto | |||||
| Data | 2016 (40ª Sesión) | ||||
| Identificador | 1510-003 | ||||
A Illa Socorro é unha illa volcánica no arquipélago de Revillagigedo, que se atopa ao oeste da costa mexicana. O tamaño é 16.5 por 11.5 km, cunha área de 132 km².
Características
[editar | editar a fonte]A illa elévase abruptamente do mar ata os 1130 metros, no Monte Evermann. A erupción máis recente foi en 1993. Outras erupcións recentes foron cara a 1848 e 1896, e mais en 1905 e 1951.
Existe unha estación naval, establecida en 1957, cunha poboación de 250 (Mariños e as súas familias), vivindo nunha vila con igrexa, en Baía Vargas Lozano, ao sur da Illa a uns 800 m este de Cabo Regula, o punto máis ao sur da illa. Hai un manancial de auga doce a 5 km ao noroeste da vila, en Caleta Grayson.
Non existe evidencia de presenza humana en Socorro ata o seu descubrimento polos exploradores españois. Hernando de Grijalva e a súa tripulación descubriron unha illa deshabitada no 21 de decembro de 1533 e chamárona "Illa de Santo Tomé". En 1542, Ruy López de Villalobos, mentres exploraba novas rutas no pacífico, redescubriu a de "Inocentes" e cambioulle o nome pola de "Anublada". En 1608, Martín Yañez de Armida, a cargo doutra expedición, visitou Santo Tomei e a rebautizou como Illa do Socorro.
A principios do século XX, o Dr. Barton Warren Evermann, director da Academia de Ciencias en San Francisco, California, promoveu a exploración científica da illa. As coleccións biolóxicas máis completas foron obtidas durante esta época. O volcán en Socorro foi bautizado na súa honra.

