Illa Motu One
Motu One | |
---|---|
![]() | |
![]() Localización do atol | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas Marquesas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°45′S 140°20′O / -7.750, -140.333Coordenadas: 7°45′S 140°20′O / -7.750, -140.333 |
Xeografía | |
Superficie | 0´03 km² |
Longura máxima | 300 m. |
Largura máxima | 100 m. |
Punto máis alto | 3 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Motu One, (marquesano "illa de area"), chamada tamén en francés île de Sable, é unha illa das illas Marquesas, na Polinesia Francesa. Motu One administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Nuku Hiva, na subdivisión administrativa das Marquesas.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está situada ao norte do arquipélago, a 15 km ao nordés de Hatutu. É un pequeno banco de area sen vexetación situado no bordo occidental do arrecife de coral. A illa de feito consta de bancos de area sobre un arrecife coralino. Poderíase tratar dos restos dun atol mergullado. É o único arrecife das illas Marquesas, que se caracterizan por ser altas illas volcánicas sen arrecifes protectores. Motu One ten aproximadamente 5 km de diámetro. O illote ou illotes teñen sobre 3 hectáreas de superficie, elévanse só uns poucos metros por encima do nivel do mar e cambian regularmente debido á acción da correntes.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Segundo as tradicións os marquesanos visitaban Motu One para recoller ovos, pero non hai evidencias arqueolóxicas de que estivese habitado. O primeiro explorador en visitala foi o estadounidense David Porter, en 1813, que o chamou Lincoln Island. En 1992 declarouse como reserva natural. Tartarugas mariñas e unha ampla variedade de aves aniñan na illa. Exploradores posteriores tamén a chamaron Sand Island.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Status of Coral Reefs in French Polynesia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2013. Consultado o 17 de xuño de 2014.