Illa Lingga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Lingga
Pulau Lingga
Illa Lingga en Indonesia
Illa Lingga
Illa Lingga
Localización da illa
Situación
País Indonesia
Coordenadas0°10′00″S 104°39′00″L / -0.16667, -104.65000Coordenadas: 0°10′00″S 104°39′00″L / -0.16667, -104.65000
Xeografía
Superficie889´2 km²
Longura máxima65 km.
Largura máxima33 km.
Punto máis alto1.163 m. Gunung Lingga
Demografía
CapitalDaik

A Illa Lingga (en indonesio: Pulau Lingga) é a maior e máis poboada das Illas Lingga, en Indonesia. Ten unha superficie de 889 quilómetros cadrados. Está situada ao sur das illas Riau na costa leste de Sumatra. A outra illa principal do arquipélago é Singkep. Lingga está ao sur de Bintan e ao norte da veciña illa Singkep, no extremo sur do Mar da China Meridional e ao sur da liña do ecuador. A capital da illa é Daik no sur. Outros lugares de importancia son Pelandok e Kado na costa sur e Centeng e Linau na costa norte.[1]

O pico máis alto é Gunung Lingga con 1.163 m. Gunung Sepinan pola súa banda alcanza os 750 m.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2017. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]