Illa Cameron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa Cameron
Cameronisland.png
Localización da illa Cameron
Situación
PaísFlag of Canada.svg Canadá
TerritorioNunavut
ArquipélagoIllas da Raíña Isabel, Illas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas76°30′N 103°51′O / 76.500, -103.850Coordenadas: 76°30′N 103°51′O / 76.500, -103.850
Xeografía
Superficie1.059 km²
Longura máxima42 km.
Largura máxima38 km.
Punto máis alto244 m. Mount Wilmot
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa Cameron é unha das illas árticas canadenses en Nunavut, Canadá. Situada no Océano Ártico, preto da illa Bathurst, ten unha superficie de 1.059 km², ten 43 km. de longo e 38 km. de largo. Illa Vanier atópase inmediatamente ao sur, a través do Estreito de Arnott.

Produción comercial de petróleo[editar | editar a fonte]

A illa caracterízase por ser o único sitio que desenvolveuse para a produción comercial de petróleo nas illas do Ártico canadense. De 1985 a 1996, o petrolero de dobre casco MVArctic transportou cru lixeiro desde "Bent Horn", no suroeste da illa, ata Montreal. Producíronse un total de 2´8 millóns de barriles ata que o campo abandonouse en 1996. O descubrimento inicial, en 1974 realizado por Panarctic Oils Ltd, reflectía a urxencia de atopar novas fontes de petróleo cru logo da crise do petróleo de 1973. O abandono en 1996 reflectiu as dificultades de explotación do recurso neste duro ambiente, aínda que a licenza de produción actual (en mans da Canada Southern Petroleum Ltd) expirou en 2010, podería prorrogarse. Tralo abandono, a limpeza final produciuse en 1999.[1]

Illa Cameron é un lugar desolado: unha paisaxe de tons escuros de outeiros baixos. A busca de petróleo e o tráfico en superficie concéntrase nos meses de inverno, cando as estradas posúen neve compactada que pode ser utilizada por vehículos pesados a través da tundra. Fixéronse os esforzos apropiados para minimizar o dano a este fráxil ambiente, pero onde danouse a vexetación, producese unha dsconxelación a maior profundidade no verán. Posiblemente a maior preocupación está causada polos sumidoiros dos pozos, nos cales bombeáronse os lodos tóxicos da perforación. Estas concas, sacadas do permafrost, baseábanse no gradual conxelamento do chan para selar os materiais de desecho.

A illa de Cameron chámase así desde 1952 por de Maxwell George Cameron (d.1951), o cartógrafo xefe das investigacións e da cartografía, Departamento de Minas e investigacións Técnicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Russum, Dave. "History of the Canadian Oil Industry (Key Dates)". Geo-Help Inc. Consultado o 2008-05-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]