Ilia Petrovich Krivosheev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilia Petrovich Krivosheev
Nacemento19 de xullo de 1898
 Lopatinsky District
Falecemento11 de setembro de 1967
SoterradoIchalki
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

Ilia Petrovich Кrivosheev (publicou co pseudónimo literario de Илька Морыця[1]), nado o 19 de xullo de 1898 no casal de Маya e finado o  11 de setembro de 1967 en Itsialo, foi un escritor mordoviano en lingua erzya[2] .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha granxa[3][4] na entón provincia de Saratov e agora situada no óblast de Penza. Súa nai era Efimiya Petrovna, unha gran narradora oral. Estudou no Instituto Pedagóxico de Kazán e ao rematar entrou no exército en plena gran guerra. Tras o remate da contenda traballou como mestre, durante a guerra civil serviu no Exército Vermello e logo deu clases de erzya na súa localidade natal e entre 1929 e 1934 en Saransk[5].

Actividade literaria[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir poesía xa nos anos de estudante en Kazán.  En 1923 publicou na revista Якстере сокиця os seus primeiros poemas orixinais en erzya «Пакшатненень» , «Большевикень вал» e mais «Лавсень моро». Ao longo da década de 1920 as súas poesías publicáronse en «Якстере теште» de Moscova e  «Од эрямо» de Novosibirsk. En 1929 publicouse en Moscova «Васень сяткт», unha escolma de poetas erzya con varios poemas de Krivosheev dedicados á vida rural, á natureza e á infancia.

En 1933 publicou o seu primeiro libro «Коммунань толт», unha colección da súa poesía publicada por «Молодая гвардия» издательствасо. E nese ano pareceu en Saransk o segundo  «Валскень зорява». Os dous constitúen unha afirmación do novo xeito de vida soviético. Ao longo da década de 1930 a súa poesía céntrase nas paisaxes e na vida infantil. Durante a guerra publicou en 1943 «Народонь вайгель», con poesía na que gaba a grandeza espiritual do pobo soviético, o heroísmo dos soldados na fronte e dos traballadores nas fábricas e campos.

Na posguerra continuou a publicar coleccións de poesías, ata totalizar vinte libros publicados Монь ким ( 1946), Тундонь сад (1952), Монь Родинам (1954), Избранное (en ruso, 1955), Стихть ды поэмат (1958), Славан эрямонть ( 1963), Кеман эрямос ( 1967), Морамонь ким ( 1968)

Notas:[editar | editar a fonte]

  1. Библиотека Мордовской литературы: Кривошеев Илья Петрович (Илька Морыця)(en ruso)
  2. ЛИТЕРАТУРНОЕ ТВОРЧЕСТВО ЗУБОВОПОЛЯНЦЕВ (en ruso)
  3. Большая советская энциклопедия: Кривошеев Илья Петрович (en ruso)
  4. МАЯК Лопатинского района Пензенской области (en ruso)
  5. Городские рейтинги. Самые древние жилые дома Саранска (en ruso)