Saltar ao contido

Ildefonso de Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIldefonso de Toledo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ildephonsus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(got) Hildefuns Editar o valor en Wikidata
c. 607 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 667 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Toledo
657 –
Abade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo niceno Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, escritor, teólogo, Arcebispo, bispo católico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEugenius II of Toledo (pt) Traducir e Helladius of Toledo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa23 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX880678


Ildefonso de Toledo, tamén coñecido como santo Ildefonso, nado en Toledo en 607 e finado na mesma cidade en 667, foi arcebispo de Toledo dende o ano 657 ata a súa morte. É un dos padres da Igrexa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu entre os anos 606 ou 607, durante o reinado de Witerico en Toledo. Era de orixe xermánica, das distintas familias rexias visigodas. Foi sobriño do bispo de Toledo santo Uxío III, quen comezou a súa educación.

Recibiu unha brillante formación literaria. De neno, ingresou no Mosteiro de Agali, nos arrabales de Toledo, contra a vontade dos seus pais.

Firma entre os abades nos Concilios VIII e IX de Toledo. Morto o bispo Uxío III é elixido bispo de Toledo o ano 657. Doi obrigado a ocupar a súa sede polo rei Recesvinto. Morre o 667, e foi sepultado na igrexa de Santa Locaia de Toledo, e posteriormente trasladado a Zamora.

Milagre do encontro coa Virxe

[editar | editar a fonte]
Imposición da casula a Santo Ildefonso, por Juan Pantoja da Cruz (1603, Museo do Prado).

A noite do 18 de decembro de 665 Ildefonso e os seus diáconos atopáronse coa Virxe María sentada na cadeira do bispo, rodeada por virxes. A Virxe díxolle que era o seu capelán e fiel notario. Deulle unha casula, que lle enviara o seu Fillo da súa tesouraría.

Dicindo isto, a Virxe mesma investiuno, e deulle instrucións de usala soamente nos días festivos designados na súa honra.

Un concilio de Toledo ordenou un día de festa especial para perpetuar a súa memoria. [1] O século VI foi importante para a orixe do culto mariano. Esta aparición foi de moita importancia para Toledo e a súa catedral. Nela, os peregrinos aínda veneran a pedra en que a Virxe puxo os seus pés.

Das apuntadas no Elogium consérvanse as seguintes:

  • Sobre a virxindade perpetua de Santa María contra tres infieis (De virginitate Sanctae Mariae contra tres infideles): é a súa obra principal. Os tres herexes aos que se refire son Xoviniano e Helvidio, refutados xa por San Xerome, e un xudeu anónimo. Defende a virxindade de María e que Xesucristo é Deus. Está moi vinculado con santo Agostiño e santo Isidoro. Constitúe o punto de arranque da teoloxía mariana en España.
  • Comentario sobre o coñecemento do bautismo (Liber de cognitione baptismi unus): explica de xeito pastoral o sacramentodo bautismo.
  • Sobre o progreso do deserto espiritual (De progressu spiritualis deserti), prolongación da obra anterior.
  • Sobre os homes ilustres (De viris illustribus), continuación do de santo Isidoro. Enumera a persoeiros ilustres pola súa santidade ou goberno. Algúns autores tan importantes como Braulio de Zaragoza ou Isidoro de Sevilla, son pouco destacados.
  • Dúas Cartas dirixidas a Quirico de Barcelona.

Padroeiro

[editar | editar a fonte]

A súa festa celébrase o 23 de xaneiro. É padroeiro das cidades de Toledo e Zamora. En Galicia é patrón da parroquia de San Cibrao das Viñas.

Imaxe de Santo Ildefonso en Olula del Río, celebrando as súas festas o 23 de xaneiro, cheo de roscas de pan.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Edicións

  • F. DE LORENZANA, SS. Patrum Toletanorum quotquot extant opera, I, Madrid: 1782. PL 96,53-206.
  • V. BLANCO GARCÍA, S. Ildefonso. De virginitate beatae Mariae. Madrid: 1937.
  • V. BLANCO y J. CAMPOS, S. lldefonso de Toledo. La virginidad perpetua de Santa María, El conocimiento del bautismo, El camino del desierto, en Santos Padres Españoles. BAC, Madrid: 1971.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Sansterre, J-M: “Actitudes occidentales à l'égard des miracles d'images dans le Aut. Moyen Age”, en Annales, Histoire, Sciences Sociales, Nº 53 (1998)