Ikaros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ikaros
IKAROS solar sail.jpg
Representación artística de Ikaros achegándose a Venus.
TipoTecnolóxico
OrganizaciónJAXA
Data de lanzamento20 de maio de 2010, 21:58 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-IIA[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2][6]
Obxectivo da misiónVela solar experimental.[2][6]
NSSDC ID2010-020E
Masa315 kg[5]

Ikaros (acrónimo de Interplanetary Kite-craft Accelerated by Radiation Of the Sun), foi unha vela solar experimental da axencia espacial xaponesa JAXA lanzada o 20 de maio de 2010 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Ikaros foi a primeira vela solar en usar propulsión fotónica xunto con delgadas células solares como fonte de enerxía. Foi inxectada nunha órbita interplanetaria cara Venus xunto coa sonda Akatsuki. Tras separarse do foguete portador, a vela solar despregouse xirando sobre si mesma a 20 r.p.m., tarefa facilitada por catro pesos colocados en cada unha das esquinas da vela.[2][5][6]

Ikaros ten forma de cadradao, cunha diagonal de 20 metros. Está feita de poliamida cun espesor de só 0,0075 mm na cal can insertadas tanto células solares ultrafinas como dispositivos ópticos para manobrar a vela e instrumentos como detectores de po. Ikaros levaba consigo dous pequenos subsatélites, chamados DCAM 1 e DCAM 2, liberados para sacar fotos da vela desde certa distancia.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IKAROS" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de marzo de 2013). "IKAROS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 20 de abril de 2013. 
  3. "Note verbale dated 15 September 2010 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-57946(E)): 3. 22 de novembro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2013. [Ligazón morta]
  4. Claude Lafleur (2010). "IKAROS" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "IKAROS" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Ikaros" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]