Saltar ao contido

Igrexa de Santiago de Breixa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santiago de Breixa
Breixa Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Diocese
 Dedicado a
Localización
 Situado en
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 11663
Wikidata C:Commons

Santiago de Breixa é a igrexa parroquial de Breixa, no concello de Silleda.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha igrexa barroca, dunha soa nave e unha ábsida rectangular, onde se conservan restos románicos, cunha ventá de medio punto con dobre arquivolta.Conta ademais con canzorros no muro sur. A súa espada, con dous ocos para as campás e un terceiro sobre estes, está adornada con pináculos e rematada nunha cruz.

No seu interior, destaca o seu presbiterio, así como a iconografía dos capiteis, que serven de mostra do bestiario medieval. Alúdese aos pecados capitais e paixóns do home e a súa loita contra eles. Tamén aparecen representados centauros, harpías, sereas, grifóns, testas de león e de lobo, aves rapaces, serpes e outros animais fantásticos ,configurando un conxunto temático excepcional no románico galego.