Igrexa de Santa María de Bemil
Igrexa de Santa María de Bemil | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Bemil | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santa María |
Localización | Bemil (Caldas de Reis) |
Coordenadas | 42°37′07″N 8°38′54″O / 42.61873333, -8.64841944 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | século XII |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Santa María de Bemil é o templo parroquial de Bemil (Caldas de Reis), de estilo románico do século XII.
Características
[editar | editar a fonte]Conserva parte do frontispicio occidental románico (estrutura xeral e o rosetón superior).[1] Porén, a portada románica foi suprimida e substituída por un sinxelo van. A torre-campanario do costado moderno é barroca. O rosetón trátase dun óculo circular rodeado por arquivoltas baquetonadas e nos vans das súas trazarías debuxáronse unha estrela central rodeada por tetrafolias.[2] Tamén consérvase a potente ábsida do século XII, que aínda que é sinxela, mostra a elegancia das formas románicas na súa planta semicircular con dúas columnas entregas e un ventanal no pano central. Os muros refeitos, na parte dianteira, conservan canzorros románicos sobre unha sinxela porta de arco semicircular. A capela da cabeceira comunica coa nave mediante un arco triunfal de ferradura.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elentir. "Iglesia de Santa María de Bemil" (en castelán). Consultado o 04/09/2015.
- ↑ Arteguias.com. "Caldas de Reis" (en castelán). Consultado o 04/09/2015.
- ↑ Turgalicia. "Igrexa de Santa María de Vemil". Consultado o 04/09/2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa María de Bemil |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Barrié. p. 622. ISBN 84-85728-62-9.