Igrexa de Santa María de Alaejos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Santa María
SantaMariaAlaejos.jpg
Igrexa de Santa María
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCastela e León
TipoParroquia
AdvocaciónSanta María
LocalizaciónAlaejos (Valladolid)
Coordenadas41°18′36″N 5°12′49″O / 41.31, -5.2136111111111Coordenadas: 41°18′36″N 5°12′49″O / 41.31, -5.2136111111111
CatalogaciónBen de Interese Cultural
3 de xuño de 1931
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseValladolid
Arquitectura
Construciónséculo XVI
EstiloRenacemento
IdentificadorRI-51-0001009
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santa María é un templo católico que se atopa na localidade de Alaejos (provincia de Valladolid). Foi declarado Ben de Interese Cultural o 3 de xuño de 1931.

Descrición[editar | editar a fonte]

Construída no século XVI en ladrillo unido con argamasa de cal e xeso, a Igrexa de Santa María une estilos renacentistas, mudéxares e barrocos.[1]

Conta con tres naves cubertas con bóvedas de cruceiro[2] decoradas en ouro e policromía por Francisco Martínez.[3] Dúas armaduras mudéxares cobren o centro do cruceiro e a capela maior.[1]

A torre campanario, tamén construída en ladrillo no século XVIII, ten catro corpos. De estilo barroco[1] alcanza os 64 metros de altura e no último piso existe unha construción similar a un minarete.[2]

Ademais conta cun coro plateresco tallado en madeira sen policromía e un retablo maior dedicado á asunción de María que foi realizado polo escultor Esteban Jordán.[2][3]

O interior da igrexa alberga o Museo Interparroquial de Arte Sacra con ourivaría, esculturas e pinturas da comarca, entre as que se destacan dous cadros de Luca Giordano.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Museo Parroquial Igrexa de Santa María". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 03 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Concello de Alaejos. Igrexa de Santa María
  3. 3,0 3,1 Alaejos: o esplendor do mozárabe