A edificación, formada por unha cúpula cilíndrica sobre unha base cadrada, é coñecida polos frescos dos séculos XII, XIII e IV que contén na cúpula central. Tres capas de frescos foron descubertas, a máis antiga data do século X. Magníficos frescos de 22 profetas foron pintados durante o período Otomán, cando a edificación fóra usada como mesquita, mais descubertos e restaurados no século XX.[1]
Frescos baixo a cúpula da Igrexa de San Xurxo, Sofía.
A igrexa está localizada no patio entre o Hotel Balkan e o edificio Presidencial, a moi poucos metros das modernas rúas da capital. Considérase o edificio máis antigo da cidade, construída no tempo cando Sofía era residencia dos emperadores Galerio e Constantino I o Grande.
A igrexa forma parte dun complexo arqueolóxico máis grante. Detrás do apse, hai ruínas antigasː unha sección dunha rúa Romana, cimentos dunha basílica grande e algúns edificios máis pequenos.
Interior da igrexa.
Durante o dominio Otomán no século XVI, a igrexa converteuse en mesquita. Na metade do século XIX, a rotonda, xunto coa Igrexa de Santa Sofía e a Mesquita de Sofía (hoxe o Museo Arqueolóxico Nacional) foi abandonada polos musulmáns. Pouco tempo despois, a Igrexa Ortodoxa Búlgara reclamaría o seu uso como igrexa cristiá.
A pesar do seu pequeno tamaño, a igrexa é similar á da Rotonda de Galerio en Tesalónica. Polo seu espírito da Antigüidade tardía e o medievo búlgaro, a igrexa de San Xurxo ten un impacto cultural enorme.
En ocasións excepcionais, a igrexa é utilizado para cerimonias militares solemnes e concertos de música clásica e ortodoxa.