Saltar ao contido

Igrexa de San Xulián de Astureses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Xulián de Astureses

Tipoigrexa e monumento Editar o valor en Wikidata
EpónimoJulian of Antínoe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estiloarte románica Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°26′45″N 8°06′43″O / 42.44583, -8.11194
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloBoborás
ParroquiaAstureses Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data29 de marzo de 1946
IdentificadorRI-51-0001199
Wikidata ]
Igrexa de San Xulián de Astureses.

A igrexa de San Xulián de Astureses é a igrexa parroquial de Astureses, no concello de Boborás. É unha igrexa románica do século XII, de reducidas dimensións e bastante ben conservada.

A igrexa, que puido fundarse no ano 1164 segundo data inscrita detrás do retablo principal. Segundo consta documentalmente, só está acreditada a presenza no lugar da Orde do Santo Sepulcro, adquirindo grande importancia a mediados do século XV por ser cabeceira de encomenda ata que é substituída pola Orde de San Xoán de Xerusalén, pasando a depender entón da encomenda de Pazos de Arenteiro.

Características

[editar | editar a fonte]

Do antigo conxunto orixinal unicamente se mantén en pé a igrexa románica, de finais do século XII, ben conservada. Posúe planta de cruz latina dunha soa nave, formada por catro corpos limitados por grosos contrafortes que apenas sobresaen do muro exterior simulando columnas. Sobre a nave unha cuberta de madeira a dúas augas. Tamén é de madeira o coro alto, de feitura posterior, que ocupa o primeiro tramo e parte do segundo da nave. A cabeceira rematada en tres ábsidas semicirculares, a central destacada, ábrese ao exterior a través de estreitos e espigados vans con arcos de medio punto sostidos por seis pequenas columniñas. Dos capiteis nacen arcos faixóns levemente apuntados e cunha lixeira tendencia á ferradura, sobre os cales pode que anteriormente estivese apoiada unha bóveda de canón, mais na actualidade só se preservan os arranques até a altura dos beirados exteriores[1].

No exterior decoracións vexetais e motivos xeométricos e representacións de animais e seres fantásticos.

Dúas portas serven de aceso ó templo. A do norte cun arco de medio punto reformado partindo dun primitivo arco composto que recorda ó estilo mozárabe. A porta principal destaca pola súa sinxeleza. A súa iconografía é pobre e simple, decorando os seus capiteis e tímpano con motivos vexetais e xeométricos.

  1. Castillo López, Ángel del (1972). Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (en castelán). Editorial de los Bibliófilos Gallegos. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]