Saltar ao contido

Igrexa de San Tomé de Serantes

Igrexa de San Tomé de Serantes
San Tomé de Serantes Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Diocese
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 3288Enciclopedia Galega Universal: 185342
Wikidata C:Commons

A igrexa de San Tomé de Serantes é un templo relixioso de feitura románica da parroquia de Serantes, no concello ourensán de Leiro. Ten a súa orixe no século XIII.

Componse dunha nave e ábsida rectangular. Os elementos máis destacados da súa fachada son a portada, o tornachuvias e un gran rosetón. A portada é apuntada, con dúas arquivoltas sobre columnas. O tornachuvias sostense por interesantes canzorros no que destacan as figuras humanas, en actitude grotesca. Os capiteis desta portada decóranse con motivos vexetais xunto con motivos zoomórficos. Un deles representa dúas aves comendo dunha piña e outro tres homes.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]