Igrexa de San Mamede de Carnota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Mamede de Carnota
Igrexa de San Mamede de Carnota
PaísEspaña
LocalizaciónSan Mamede de Carnota (Carnota)
Coordenadas42°51′11″N 9°04′48″O / 42.853108, -9.079975Coordenadas: 42°51′11″N 9°04′48″O / 42.853108, -9.079975
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Mamede de Carnota é o templo parroquial de San Mamede, no concello de Carnota.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Construíuse seguindo os planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro no ano 1755.

No seu interior conserva interesantes retablos dos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino.

A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar.

Preto da igrexa está o hórreo de Carnota, un dos máis longos de Galicia.