Saltar ao contido

Ignacio Cordero Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de febreiro de 2017 ás 21:54 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (→‎Traxectoria: Arranxos varios)

Modelo:Político Ignacio Cordero Alonso, nado en Zamora en 1847, terminou a súa carreira de medicina en Madrid,  e acostumaba veranear en Baiona, foi un dos artífices da instalación dun balneario na praia da Concheira de Baiona. Sería alcalde entre 1925 e 1926. Decidiu instalar un balneario na praia da Cuncheira. Foi alcalde no breve período do 1925 ata o 1926.

Traxectoria

Naceu en 1847 en Zamora, e se trasladou a Madrid para estudar medicina. Obtivo a licenciatura na capital e xa instalado alí se dedicou por completo ao traballo de médico. A finais da década dos oitenta no século XIX chega a Baiona por motivos de saúde para pasar unha tempada buscando repouso. Non deixaría de vir un solo ano sendo un habitual veraneante da vila. En 1893 consegue xunto co baionés Agapito Ordóñez unha concesión a perpetuidade. En 1896 construirían o balneario que constaba dun edificio de madeira e 20 casetas na praia. Foi o reclamo que necesitaba Baiona para se converter en lugar turístico. Da man de Ignacio Cordero veranearían en Baiona, e se beneficiarían das súas augas medicinais personaxes como Ramón y Cajal, Marqués de Quintanar ou Mercedes Ruíz de la Escalera.

Home culto o que gustaba de ler e reflectir as súas opinións na prensa era tamén un apaixonado pola música, obtendo por oposición unha praza como organista nun templo relixioso.

Foi elixido alcalde por unanimidade trala dimisión de Manuel Barreiro Álvarez en xuño de 1925. No seu cargo se ocuparía principalmente da sanidade en Baiona, entre outras, arranxando o Hospital Sancti Spiritus da vila. A súa dimisión chegaría pronto, en xuño de 1926, ao pouco de cumprir un ano no cargo. Sería sucedido por Pedro Miranda Suárez de Puga.

Falecería poucos anos despois en Baiona, o 19 de xaneiro de 1929.


Predecesor:
Manuel Barreiro Álvarez
 
Alcalde de Baiona
 
1925 - 1926
Sucesor:
Pedro Miranda Suárez de Puga