Identificación biométrica da voz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Proceso[editar | editar a fonte]

Entre os sistemas biométricos de recoñecemento por voz, podemos distinguir dúas familias:

  • Os sistemas de texto dependente: o usuario sempre pronunciará unha mesma frase para identificarse.
  • Os sistemas de texto independente: o sistema vai propoñendo ao usuario a pronunciación dun conxunto de palabras extraídas dunha base de datos bastante grande. O habitual é que as frases ou palabras propostas sexan características para maximizar a cantidade de datos que se poden analizar (por exemplo, frases cunha certa entoación, pronunciación dos ditongos, palabras con moitas vocais...)

Fiabilidade[editar | editar a fonte]

O estado anímico pode variar o timbre de voz, ó igual que o estado de saúde. Unha simple conxestión pode facer variar o ton de voz o suficiente como para que o sistema non sexa capaz de recoñecer ó usuario. Estes problemas levan consigo unha alta taxa de falsos negativos.

A identificación a través do recoñecemento da voz é un dos métodos de identificación biométrica menos precisos.

Segundo un estudo[1] publicado no 2002 por Biometric Technology, a taxa de erro cruzado[2], é igual a 1/50. Esta é unha posibilidade de erro moi alta, si a comparamos coa probabilidade de 1/131.000 do escaneo de iris, ou menor de 1/10 000 000 do escaneo de retina.

Facilidade de uso e aceptación[editar | editar a fonte]

Xeralmente os sistemas de recoñecemento de voz teñen unha boa acollida entre os usuarios, pola súa facilidade de uso, e a súa comodidade.

Prevención de ataques[editar | editar a fonte]

O principal problema do recoñecemento de voz é a inmunidade fronte a posíbeis ataques. Unha persoa pode empregar unha gravación coas palabras que tería que pronunciar o usuario lexítimo, e así conseguir enganar ao sistema. Este problema minimízase nos sistemas de texto independente, pois o atacante non poderá coñecer a priori as palabras que necesitará para acceder ao sistema.

Tempo de espera[editar | editar a fonte]

Outro dos problemas dos sistemas baseados no recoñecemento da voz é o tempo que perde o usuario para autenticarse no sistema. Aínda que actualmente na maioría dos sistemas é suficiente con pronunciar unha soa frase, é habitual que o usuario se vexa obrigado a repetila porque o sistema lle denega o acceso.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi na década de 1960 cando Texas Instruments desenvolveu as bases do recoñecemento por voz.

Exemplos de uso[editar | editar a fonte]

  • Empresas como a General Motors, na que se empregan sistemas de recoñecemento por voz para restrinxir o acceso ás salas de ordenadores.
  • Hospitais como o de Chicago, para controlar a entrada á zona de recentemente nados.
  • En fronteiras como a que separa México dos Estados Unidos, emprégase para autorizar o paso dos viaxeiros frecuentes.
  • Aplicacións baseadas no teléfono usan a voz para recoñecer ao usuario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estudo do Bio Tech Inc". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2006. Consultado o 03 de decembro de 2006. 
  2. A taxa de erro cruzado (Cross-Over Error Rate CER) é a probabilidade de erro dun sistema cando coincide a probabilidade de falsos negativos e falsos positivos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]