Idade do bronce atlántico
Idade do bronce atlántico | |
Prehistoria | |
Prehistoria de Galicia Megalitismo en Galicia Idade de Bronce en Galicia Idade do bronce atlántico Cultura castrexa | |
Relacionados | |
Historia | Prehistoria da Península Ibérica Prehistoria de Portugal Prehistoria de Francia Prehistoria do Reino Unido |
Artigos | Idade de Bronce |
A Idade do bronce atlántico, designa unha idade arqueolóxica propia do complexo cultural do bronce atlántico, comprendido entre aproximadamente o 1300 a. C. e 700 a. C. que inclúe diferentes culturas da Península Ibérica, das Illas Británicas e da costa atlántica de Francia. Caracterízase polos intercambios culturais e económicos dalgunhas culturas indíxenas superviventes que acabarían dando paso aos pobos indoeuropeos da Idade de Ferro (principalmente celtas) a finais do período. Séguelle a Idade de Ferro.
Os seus principais centros parecen estar en Portugal e Galicia (previa á cultura castrexa), Andalucía ( Tartessos ?) e Gran Bretaña. Os seus contactos comerciais esténdense ata Dinamarca e tamén ao Mediterráneo.
Comercio
[editar | editar a fonte]A Idade do bronce atlántico está marcada polo intercambio económico e cultural, que levou a un alto grao de semellanza entre culturas como se pode comprobar nas comunidades costeiras dende Galicia ata Escocia, incluíndo o uso frecuente de pedras como cabalos de Frisia, a construcións de castelos en cantís, ou a arquitectura doméstica caracterizada pola casas redondas.[1] Os contactos comerciais abranguían dende Suecia[2] e Dinamarca ata o mar Mediterráneo.[1] Este período estivo definido polos centros rexionais de produción de metais, unidos por un comercio marítimo regular dalgúns dos produtos. Os maiores centros estaban no sur de Inglaterra e Irlanda, noroeste de Francia, e o oeste de Iberia.[3]
Os obxectos relacionados con esta cultura foron atopados frecuentemente formando cúmulos, ou depositados en áreas rituais,[4][5] usualmente preto da auga, como en ríos, lagoas e pantanos. Entre os elementos máis destacables pertencentes a este complexo cultural, están as machadas de bronce, ás veces enterradas formando grandes cúmulos na Bretaña e Galicia, puntas de lanzas, escudos e espadas.[6] Ademais, tamén son comúns os obxectos de festexo das elites: asadores articulados, caldeiros e ganchos para a carne,[5][7] atopados entre Portugal e Escocia.[1]
A orixe da cultura celta foi atribuída a este período no ano 2008 por John T. Koch[8] e apoiada por Barry Cunliffe,[9] os cales argumentaron que o desenvolvemento do celta debíase a que era unha lingua franca atlántica, que máis tarde se espallaría polo resto de Europa,[5] pero esta teoría contradí a máis aceptada orixe dos celtas na cultura de Hallstatt.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Colar de Penne - Museo de Tolosa.
-
Colección de machadas de Galicia. Museo Catedralicio de Ourense.
-
Cabana reconstruída, Campo Lameiro
-
Deposito da Samieira. Museo de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Cunliffe, Barry (1999). "Atlantic Sea-ways" (PDF). Revista de Guimarães. Especial (I): 93–105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2014.
- ↑ Johan Ling, Zofia Stos-Gale, Lena Grandin, Kjell Billström, Eva Hjärthner-Holdar, Per-Olof Persson, Moving metals II: provenancing Scandinavian Bronze Age artefacts by lead isotope and elemental analyses, Journal of Archaeological Science, Available online 2 August 2013, ISSN 0305-4403, http://dx.doi.org/10.1016/j.jas.2013.07.018. (http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0305440313002689)
- ↑ Europe Before History by Kristian Kristiansen
- ↑ Comendador Rey, Beatriz. Archaeopress, ed. "SPACE AND MEMORY AT THE MOUTH OF THE RIVER ULLA (GALICIA, SPAIN)" (PDF). Conceptualising Space and Place: On the role of agency, memory and identity in the construction of space from the Upper Palaeolithic to the Iron Age in Europe. Consultado o 26 de abril de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Cunliffe, Barry (2008). Yale University Press, ed. Europe between the oceans : themes and variations, 9000 BC-AD 1000 (2011 ed.). New Haven. pp. 254–258. ISBN 978-0-300-17086-3.
- ↑ Quilliec, Bénédicte T. (2007). "Life and death of an Atlantic sword: Reconstruction of the processes of fabrication, use wear and destruction" (PDF). Complutum 18: 93–107. Consultado o 22 de setembro de 2011.
- ↑ Bowman, Sheridan; Stuart Needham (2007). "THE DUNAVERNEY AND LITTLE THETFORD FLESH-HOOKS: HISTORY, TECHNOLOGY AND THEIR POSITION WITHIN THE LATER BRONZE AGE ATLANTIC ZONE FEASTING COMPLEX" (PDF). The Antiquaries Journal 87: 53–108. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2011.
- ↑ Koch, John (2009). Palaeohispanica, ed. Tartessian: Celtic from the Southwest at the Dawn of History in Acta Palaeohispanica X Palaeohispanica 9 (2009) (PDF). pp. 339–351. ISSN 1578-5386. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010.
- ↑ Cunliffe, Barry (2008). The Prehistoric Society, ed. A Race Apart: Insularity and Connectivity in Proceedings of the Prehistoric Society 75, 2009, pp. 55–64. p. 61.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Idade do bronce atlántico |