Iain Eairdsidh MacAsgaill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iain Eairdsidh MacAsgaill
Nacemento19 de febreiro de 1898
 Berneray
Falecemento4 de xuño de 1934
SoterradoCemitério de Karrakatta
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónescritor, pastor de ovelhas, Soldado, laborer e poeta
editar datos en Wikidata ]

Iain Eairdsidh MacAsgaill, tamén coñecido como Bàrd Bheàrnaraigh, e en inglés Iain Archie MacAskill, nado en Beàrnaraigh na Hearadh o 19 de febreiro de 1898 e finado o 4 de xuño de 1934, foi un granxeiro, gaiteiro, policía e poeta escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ao deixar o colexio en 1912 traballou como pegureiro e cando estoupou a Primeira Guerra Mundial alistouse no 5º batallón dos Cameron Highlanders. Foi un dos gaiteiros que encabezaron a marcha das tropas na batalla de Loos en setembro de 1915.[1] Ao final da guerra servía no 3º batallón.[1] Tras a guerra foi policía en Glasgow entre 1919 e 1923 e membro da súa banda de gaitas, coa que gañou a competición mundial de bandas en 1920. Volveu á súa localidade natal en 1923 e traballou nunha granxa[1] En 1925 emigrou a Australia a bordo do SS Themistocles.[1]

Por mor da política migratoria australiana logrou terras e estableceu unha granxa de nome 'Borvedale', en Lake Varley en Australia Occidental, pero a partir de 1928 a súa situación fíxose crítica, pola conxuntura económica e os baixos prezos e acabou perdendo as súas terras, volveu traballar para outras granxas ata que morreu por problemas de saúde en 1934. Durante a súa estada en Australia escribiu a maior parte das súas poesías que recolleu Alick Morrison en forma de libro en 1961.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 1961. An ribheid chiuil: being the poems of Iain Archie MacAskill 1898-1933, Bard of Berneray Harris. Ed. Alick Morrison (Stirling: printed for the editor by Learmonth)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "John Archie MacAskill" en Hebridean Connections.