Iago Toba Campaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) Muxía, España |
Alcalde de Muxía | |
2019 – ← Félix Porto Serantes | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , arquitecto técnico |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Santiago Manuel "Iago" Toba Campaña, nado en Muxía en 1987, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arquitecto técnico. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muxía nas municipais de 2015, ocupando a área de deportes no goberno de Félix Porto Serantes. Nas municipais de 2019 foi candidato á alcaldía e foi elixido con maioría absoluta. Porén, a comezos do verán de 2020 viuse obrigado a cesar 4 dos 7 edís socialistas tras votaren en contra do orzamento municipal, gobernando en minoría o resto do mandato. Dende decembro de 2021 forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG, así como da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Ordenación do Territorio, a partir de febreiro de 2022.
Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a vitoria con maioría simple, 5 dos 11 concelleiros,[1] polo que mantivo a alcaldía como cabeza da lista máis votada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Renovación parcial en Muxía tras los pasos de Félix Porto en La Voz de Galicia
- El alcalde más joven de la comarca, con 32 años, promete «traballar arreo» para Muxía en La Voz de Galicia
Predecesor: Félix Porto Serantes |
Alcalde de Muxía 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |