I Muvrini
I Muvrini | |
---|---|
Orixe | Córsega, Francia |
Período | 1979 - presente |
Xénero(s) | folk |
Na rede | |
https://www.muvrini.com/ | |
I Muvrini é un grupo de música folk corso que canta música corsa en lingua corsa.
Historia
[editar | editar a fonte]O grupo formouse a comezos dos oitenta polos irmáns Ghjuvan Francescu Bernardini e Alanu Bernardini, que naceron na vila de Tagliu-Isulacciu ao norte de Córsega. O seu nome tomárono dunha caste de ovella selvaxe que vive nas montañas de Córsega.
Os irmáns Bernardini foron introducidos á música tradicional corsa a unha idade temperá polo seu pai, Ghjuliu Bernardini, que era un coñecido poeta e cantante. Gravaron o seu primeiro single co seu pai en colaboración co grupo Canta u Populu Corsu. Ghjuliu Bernardini morreu en decembro de 1977 e o primeiro álbum de I Muvrini', I Muvrini ... ti ringrazianu, que saiu á venda en 1979, foi dedicado á memoria do seu pai.
En 2000, I Muvrini xuntouse con Sting para gravar a súa máis famosa canción, "Terre d'Oru" (en inglés Fields of Gold).
A través da súa carreira musical promoveron a lingua e a cultura corsas.
Membros
[editar | editar a fonte]- Ghjuvan Francescu Bernardini - voces
- Alanu Bernardini - voces
- Stephane Mangantini - voces
- Achim Meier - sintetizador e piano
- Patrick Manouguian/Manu Vergeade/César Anot/Mao Otayeck/Abdenour Djemai - guitarras
- Paco Sery - batería
- César Anot - baixo e voces
- Amar Mohali - tambores
Colaboracións
[editar | editar a fonte]Nos últimos anos, I Muvrini teñen cantado e colaborado con outros artistas:
- Anggun: "Streets of Philadelphia".
- Tina Arena: "A voce rivolta".
- Véronique Sanson: Le temps est assasin.
- Nana Mouskouri: Here's to you.
- Stephan Eicher: Dis-moi où et Un rêve pour vivre.
- MC Solaar: Jalalabad.
- Sting: Terre d'oru.
- Lais: Noi.
- Luz Casal: Erein Eta joan.
- Ute Lemper: Amsterdam.
- Florent Pagny: Terra.
- Angelo Branduardi: La morte di Francesco.
- Lluís Llach e Dan Gararibian: Vo lu mondu.
Discografía seleccionada
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- 1979 - Ti Ringrazianu
- 1980 - Campemucci
- 1980 - Anu da Vulta
- 1981 - Rundinella
- 1984 - E campà quì
- 1985 - I Muvrini 85
- 1986 - Lacrime
- 1987 - A l'encre rouge
- 1988 - Pe l'amore di tè
- 1989 - Quorum
- 1990 - In core (live)
- 1991 - A voce rivolta
- 1993 - Noi
- 1994 - Zenith 93
- 1995 - Curagiu
- 1996 - Bercy 96
- 1998 - Só
- 1998 - Leia
- 2000 - Pulifunie
- 2000 - A strada
- 2002 - Umani
- 2003 - Terra
- 2005 - Alma
- 2007 - I Muvrini et les 500 choristes
- 2008/2009 - Le dieux EROS (disco aínda inédito)
Vídeos e DVDs
[editar | editar a fonte]- I Muvrini at Bercy '96
- Giru FR3
- Zenith '92
- Terra
- Alma 2005
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de I Muvrini
- Terracorsa.info, información acerca de I Muvrini e Córsega
- Muvrini.info, sitio en alemán
- Curagiu.com, algunha información
- www.imuvrini.eu, información sobre I Muvrini (en Inglés, Francés, Alemán, Neerlandés).