I Don't Know How She Does It
| I Don't Know How She Does It | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
|
Deseñador/a produción
| |||||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Produtor/a executivo
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
I Don't Know How She Does It é unha comedia romántica estreada o 16 de setembro de 2011 en Estados Unidos. Protagonizada por Sarah Jessica Parker, Pierce Brosnan e Greg Kinnear, dirixida por Douglas McGrath, está baseada na novela de título homónimo de Allison Pearson.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Kate Reddy (Sarah Jessica Parker) é unha muller que traballa nunha importante compañía financeira en Boston e que ao caer a noite regresa á súa casa xunta dos seus dous fillos pequenos e o seu marido Richard (Greg Kinnear), un arquitecto que acaba de perder o seu emprego. A mellor amiga e compañeira de traballo de Kate, Allison Henderson (Christina Hendricks), vive exactamente a mesma complicada situación de tratar de conciliar a vida laboral e familiar.
O problema vén cando Kate recibe un encargo no traballo que a levará a realizar numerosas viaxes á cidade de Nova York cando o seu home Richard consegue o emprego que sempre desexou, e a situación laboral de ambos fará que o matrimonio se distancie. A situación verase agravada cando o novo compañeiro de Kate, o atractivo Jack Abelhammer (Pierce Brosnan), se converta nunha inesperada tentación que a fará dubidar da súa vida conxugal.
Elenco
[editar | editar a fonte]

- Sarah Jessica Parker como Kate Reddy.
- Pierce Brosnan como Jack Abelhammer.
- Greg Kinnear como Richard Reddy.
- Christina Hendricks como Allison Henderson.
- Seth Meyers como Chris Bunce.
- Jane Curtin como Marla Reddy.
Produción
[editar | editar a fonte]Rodouse entre o 11 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011,[1] integramente na cidade de Nova York, Estados Unidos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Box Office/business - Filming dates". imdb (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ "Filming locations". imdb (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2011.
Véxase
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- I Don't Know How She Does It na IMDb (en inglés).
- Tráiler (en inglés)