I Against I é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punkBad Brains, publicado o 21 de novembro de 1986 a través do selo SST Records. Trátase do álbum máis vendido do grupo e nel Bad Brains diversifica o seu son incorporando ao seu primeiro hardcore punk elementos de música funk, soul, reggae e heavy metal. O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[1]
O título I Against I (eu contra eu) presumiblemente refírese á frase común rastafari I and I (eu e eu), que se usa en lugar da primeira persoa do plural (é dicir, nós) para significar a unión do falante, o público e Jah (Deus) en amor e paz.
Por suxestión do produtor, as voces de "Sacred Love" foron gravadas por teléfono dende a prisión onde H.R. cumpría condena por posesión de marihuana.[2]