Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «INTECMAR»)
Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Tipoinstituto
Data de fundación2004
SedeVilagarcía de Arousa
PaísGalicia
Na rede
http://www.intecmar.gal/
editar datos en Wikidata ]

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, INTECMAR, é o centro de referencia para o control da calidade do medio mariño e a aplicación das disposicións legais en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar, en Galicia.

Creouse por Lei no ano 2004 baixo a figura de Ente Público adscrito á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, asumindo as competencias e funcións do antigo Centro de Control do Medio Mariño (CCMM), do que é sucesor e do que tamén herdou as instalacións.

En 2021 foi nomeado como Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas[1], para asumir o papel de laboratorio asesor dos diferentes centros de control oficial autonómicos en todo o referente ás biotoxinas mariñas e formar ó seu persoan nas técnicas de laboratorio axeitadas[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Substituíndo ó centro de control de biotoxinas mariñas da Universidade de Vigo, que pasa a desenvolver o carácter de laboratorio de referencia europeo.
  2. La Voz de Galicia, 27.11.2021.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]