IIT Institute of Design

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sede na rúa 350 North LaSalle en Chicago

O Institute of Design (ID, Instituto de Deseño) do Illinois Institute of Technology (IIT), fundado orixinalmente como New Bauhaus, é unha escola de deseño estadounidense fundada en 1937 por László Moholy-Nagy - deseñador, profesor pioneiro deseñador e coñecido especialmente por ter ensinado na escola Bauhaus. O instituto está situado en Chicago. O termo New Bauhaus foi empregado xa desde ese momento e até o día de hoxe con diversos matices.

Historia[editar | editar a fonte]

A facultade estaba composta principalmente por exiliados, antigos profesores da Bauhaus e baixo a dirección de László Moholy-Nagy, a escola enfrontouse a dificultades económicas. En só un ano a escola reformulouse e Moholy-Nagy deixou a dirección. En 1944 acadou certa estabilidade e pasou a chamarse Institute of Design. En 1949 uniuse ao Instituto Tecnolóxico de Illinois. O seu maior legado histórico puido ser o de difundir as ideas da Bauhaus nos Estados Unidos, o que, sumado aos importantes logros que xa acadaran a través doutras canles ideolóxicas (a dirección de Mies van der Rohe no propio ITT, o ensino doutros mestres como Walter Gropius ou Annie e Josef Albers no Black Mountain College e despois en Yale, a exposición do 38 no MOMA de Nova York, etc.), produciu un excelente contrapunto de valores, madurando significativamente o deseño gráfico norteamericano.

Nomes e sedes antigos[editar | editar a fonte]

New Bauhaus - American School of Design

  • 1938: 1905 S. Prairie Avenue, Chicago

The School of Design in Chicago

  • 1939–1945: 247 E. Ontario Street, Chicago

The Institute of Design

  • 1945–1946: 1009 N. State Street, Chicago
  • 1946–1956: 632 N. Dearborn Street, Chicago
  • 1956–1989: S.R. Crown Hall no campus do IIT (South State Street)
  • 1989–1996: 10 West 35th Street
  • 1996–actual: 350 N. LaSalle Blvd, Chicago

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]