ICQ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ICQ é o primeiro programa informático de mensaxería instantánea do mundo, creado pola Mirabilis, unha compañía start-up israelita fundada na cidade de Tel-Aviv. O programa foi lanzado en novembro de 1996. O nome é un xogo de palabras da frase "I seek you"" (gal: búscote). En Galicia é pronunciado con fonética galega I-CE-QU.

En 1999 a AOL adquiriu a Mirabilis englobando o servizo. A empresa nunca se definiu sobre o seu sistema de mensaxes instantáneas padrón e desenvolveu o seu propio: AIM ou AOL Instant Messenger. Ese é outro motivo da caída do número de usuarios do ICQ e do crecimento e hexemonía do MSN Messenger nos últimos anos. Porén o ICQ continúa activo presentando novas versións regularmente con opcións innovadoras como o troco de mensaxes SMS de teléfonos móbiles.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]