Héctor Silveiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Vilafranca, España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Membro de | |
Héctor M. Silveiro Fernández, nado en Vilafranca do Bierzo en 1964, é un docente, dinamizador cultural e escritor berciano, membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004 [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Defensor da lingua e cultura galega no Bierzo, foi un dos fundadores da Asociación Cultural Escola de Gaitas[2] da súa vila natal. Coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento[3] que organiza anualmente coincidindo coa data de nacemento do ilustrado o Día do galego no Bierzo[4]. É autor de artigos sobre a cultura galega do Bierzo.
Obras
[editar | editar a fonte]- A cultura galega no Bierzo, escrito realizado con Marisa Cela nas Comunicacións do I Congreso da Lingua e da Cultura galegas en Asturias, León e Zamora, editado polo Clube Cultural Adiante (1992)
- A festa do maio. Unidade Didáctica. Festas anuais I (1993)[5]
- A experiencia de revitalizar os Maios de Vilafranca do Bierzo, publicado en Levántate maio. Foro dos maios de Ourense, colección Auria nº 8 (2004)
- Dos megos nos soutos, intervención ante a Real Academia Galega na sesión realizada o 18 de decembro de 2004 e editada baixo o título xenérico A herdanza da lingua.
- Os campaneiros de Vilagarcía. Obra colectiva xunto con Carlos Rey e Paulo Nogueira. Vigo (2005). Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-340-8.
- "O castañeiro na tradicción oral: un patrimonio inmaterial", publicado en Un futuro para el castaño. Estudios sobre el castaño en la comarca del Bierzo, editado pola Asociación A Morteira (2010)[6].
- Palillos de madeira. Os xigantes de Vilafranca do Bierzo (2010)[7]
- "O teatro romántico da capital histórica do Bierzo e os seus socios fundadores Enrique Gil e Fernández Morales". H. M. Silveiro Fernández. Revista do Instituto Estudios Bercianos. nº 39. p. 213-240 (xullo 2015)[8]
- "El amigo villafranquino de Enrique Gil: Joaquín del Pino", publicado en Siete ensayos heterodoxos sobre Enrique Gil (2015; con Héctor J. Silveiro Ares)[9]
- "As cartas autógrafas de Antonio Fernández Morales, un autor berciano no rexurdimento do galego". Revista Bierzo nº 35 (2017)
- "Tradiciois, terra e identidade na obra de Morales": (2018) no.Boletín da Real Academia Galega (378). ISSN 1576-8767[10]
- Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí (2019). RAG.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros da RAG
- ↑ "A ESCOLA DE GAITAS". BIERZO CULTURA.
- ↑ "Martín Sarmiento, un ilustrado galego de Vilafranca". vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018.
- ↑ "Xornadas Martín Sarmiento". omegodaescola.
- ↑ "A Festa do Maio; Unidade didáctica (1993)". BIERZO CULTURA.
- ↑ "Un futuro para el castaño." (PDF). amorteira.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de agosto de 2018.
- ↑ "O noso selo editorial: Bierzo tradicional". BIERZO CULTURA.
- ↑ "NO 149 ANIVERSARIO DE MORALES. MORALES E O TEATRO DE VILAFRANCA (I)". Morales 2011. Versión dixital do artigo. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018.
- ↑ "El amigo villafranquino de Enrique Gil: Joaquín del Pino" (PDF). Biblioteca Gil y Carrasco.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2017.
- ↑ "BRAG nº 378 (2017) Silveiro Fernández". Boletíns da Real Academia Galega.
- ↑ Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí