Huwarsanassa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Huwarsanassa foi un reino da rexión de Licia (Lukka) que foi sometido polo rei hitita Mursilis II sobre o -1320. O seu rei e os seus colaboradores refuxiáronse no reino de Arzawa e a negativa deste rei a entregalos desatou a guerra entre o Imperio Hitita e Arzawa, que acabou coa desaparición deste reino.