Allan Karlsson é un cidadán sueco que se atopa a piques de cumprir o seu centésimo aniversario. Vivindo nunha residencia da terceira idade, e mentres os seus veciños lle estaban a preparar unha festa para celebralo, Karlsson decide botarse pola fiestra da súa habitación e fuxir da residencia; é o 2 de maio de 2005. A partir de aquí, a historia segue as peripecias do protagonista mentres é perseguido por narcotraficantes e policías.
Alén das aventuras de Karlsson, ó longo da novela tamén se conta de xeito paralelo a vida anterior do protagonista: entre outros feitos, Allan Karlsson comparte mesa co futuro presidente dos Estados UnidosHarry Truman, conversa con Winston Churchill, viaxa en barco coa muller de Mao Zedong ou atravesa a pé o Himalaia.