Hugo V de Borgoña
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1294 |
| Morte | 9 de maio de 1315 Argilly, Francia |
| Lugar de sepultura | Abadía de Císter |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque |
| Familia | Casa de Borgoña |
| Pais | Roberto II de Borgoña |
| Irmáns | Margarida de Borgoña Xoana de Borgoña Branca de Borgoña e de Francia Eudes IV de Borgoña Lois de Borgoña Marie de Borgoña |
Hugo V de Borgoña, nado en 1294 e finado en Argilly en 1315, foi duque de Borgoña entre 1306 e 1315.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares
[editar | editar a fonte]Fillo do duque Roberto II de Borgoña e Inés de Francia, por liña paterna era neto de Hugo IV de Borgoña e Iolanda de Dreux e por liña materna de Lois IX de Francia e Margarida da Provenza. Era irmán do tamén duque Odón IV de Borgoña.
Promesa
[editar | editar a fonte]Prometeuse en 1302 con Catarina II de Valois-Courtenay, filla do duque Carlos I de Valois e da emperatriz Catarina I de Courtenay. Pero á morte de Catarina I, en 1307, Carlos de Valois nomeouna herdeira do título imperial da súa nai e rompeu a promesa con Hugo V.
Con esta ruptura, Hugo V de Borgoña esixiu unha indemnización. Aínda que inicialmente estivo prometido con Xoana de Francia, filla do rei Lois X de Francia, finalmente foi recompensado coas terras dos Courtenay así como co matrimonio da súa irmá Xoana de Borgoña co príncipe, e futuro rei, Filipe VI de Francia.
Sucedeuno o seu irmán Odon IV de Borgoña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hugo V de Borgoña |