How Could Hell Be Any Worse?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

How Could Hell Be Any Worse?
Álbum de Bad Religion
Publicado19 de xaneiro de 1982
Gravaciónoutubro de 1980-xaneiro de 1981
Estudio(s)Track Record, North Hollywood, California
Duración29:54
Xénero(s)hardcore punk, punk rock
Selo(s)Epitaph Records
Producido porBad Religion
Cronoloxía
Bad Religion How Could Hell Be Any Worse? Into the Unknown

How Could Hell Be Any Worse? é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Bad Religion, publicado o 19 de xaneiro de 1982 a través do selo Epitaph Records.[1][2] Editado case un ano despois do seu EP Bad Religion, foi financiado por un préstamo de 3 000 dólares do pai do guitarrista Brett Gurewitz. O seu éxito sorprendeu ao grupo cando vendeu 10 000 copias nun ano.

How Could Hell Be Any Worse? gravouse en dous períodos distintos no estudio Track Record Studios en North Hollywood, California, durante os meses de outubro e novembro de 1980 e despois en xaneiro de 1981.[3] Despois das primeiras sesións de gravación o batería Jay Ziskrout deixou Bad Religion sendo substituído polo seu amigo e o roadie da banda Pete Finestone, que completou o resto do álbum. Aínda que non aparece acreditado como membro da banda, o futuro guitarrista Greg Hetson, que estaba en Circle Jerks nesa época, fixo o solo de guitarra en "Part III". How Could Hell Be Any Worse? foi tamén o último álbum de Bad Religion co baixista Jay Bentley en seis anos, ata o Suffer de 1988.

A fotografía da portada foi tomada por Edward Colver preto do Hollywood Bowl, mentres que a contraportada ten unha das ilustracións de Gustave Dore da Divina Comedia de Dante.[3]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "We're Only Gonna Die"   2:12
2. "Latch Key Kids"   1:38
3. "Part III"   1:48
4. "Faith in God"   1:50
5. "Fuck Armageddon...This Is Hell"   2:48
6. "Pity"   2:00
7. "In the Night"   3:25
8. "Damned to Be Free"   2:12
9. "White Trash (2nd Generation)"   2:21
10. "American Dream"   1:41
11. "Eat Your Dog"   1:04
12. "Voice of God Is Government"   2:54
13. "Oligarchy"   1:01
14. "Doing Time"   3:00
Remasterización de 2004
N.º TítuloOrixinalmente aparece en Duración
15. "Bad Religion"  Bad Religion 1:49
16. "Politics"  Bad Religion 1:21
17. "Sensory Overload"  Bad Religion 1:31
18. "Slaves"  Bad Religion 1:20
19. "Drastic Actions"  Bad Religion 2:36
20. "World War III"  Bad Religion 0:54
21. "Yesterday"  Back to the Known 2:39
22. "Frogger"  Back to the Known 1:19
23. "Bad Religion"  Back to the Known 2:10
24. "Along the Way"  Back to the Known 1:36
25. "New Leaf"  Back to the Known 2:53
26. "Bad Religion"  Public Service 1:48
27. "Slaves"  Public Service 1:07
28. "Drastic Actions"  Public Service 2:31
55:28

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "How Could Hell Be Any Worse? - 12" - 1982". The Bad Religion Page. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2013. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  2. "Bad Religion ‎- How Could Hell Be Any Worse?". Discogs. Consultado o 5 de outubro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "How Could Hell Be Any Worse?". The Bad Religion Page. Consultado o 5 de outubro de 2018.