Rei Escorpión
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2022.) |
Biografía | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | IV milenio a. C. | |||||||||||||||||||||||
Morte | valor descoñecido | |||||||||||||||||||||||
Faraón | ||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | ||||||||||||||||||||||||
Título real no antigo Exipto
| ||||||||||||||||||||||||
Relixión | Relixión exipcia antiga | |||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||
Ocupación | monarca | |||||||||||||||||||||||
Período de tempo | Período pre-dinástico e Período tinita | |||||||||||||||||||||||
Outro | ||||||||||||||||||||||||
Título | Faraón | |||||||||||||||||||||||
Familia | Período tinita e Primeira dinastía de Exipto |
Horus Escorpión (II) ou o Rei Escorpión foi un gobernante do Antigo Exipto, pertencente á denominada Dinastía 0.
Aínda que os datos sobre Horus Escorpión son imprecisos (ata se dubida da súa mesma existencia), algúns estudosos sosteñen que viviría cara ao ano 3200 a. C., e que conquistou Hieracómpolis, a cidade máis importante do Alto Exipto, transformándose no dominador do país.
A existencia de Horus Escorpión parece confirmada por unha cabeza de maza cerimonial de pedra calcaria descuberta en Hieracómpolis a finais do século XIX polo arqueólogo James Edward Quibell, na que figura un faraón coa coroa branca e un escorpión xunto á cabeza, acompañado do falcón Horus, símbolo da realeza exipcia. Esta maza está depositada no Museo Ashmolean e é unha das representacións máis antigas dun rei exipcio. Pertencente a unha época na que a escritura era incipiente, debuxándose xunto ao rei un escorpión, a modo de xeroglífico, que representaba o nome do faraón.
Quíxose interpretar isto como evidencia da existencia dun gobernante chamado Escorpión, que inauguraría, ou proseguido segundo unha tradición real, a unificación do Antigo Exipto, levada a cabo con posterioridade e foi efectuada cara ao ano 3100 a. C., cando os gobernantes do Alto Exipto dominaron o Baixo Exipto.
Horus Escorpión leva unha aixada na man coa que abre un dique, o que se relaciona cos ritos relixiosos sobre a inundación do Nilo, e na parte superior hai oito paxaros representados: estes convertéronse máis adiante no xeroglífico que representaba os súbditos, o que indicaría a preeminecia deste gobernante.
O Rei Escorpión e Hollywood
[editar | editar a fonte]O Rei Escorpión inspirou un filme estadounidense protagonizado por Dwayne Johnson, The Scorpion King, no que todo o que se describe é pura fantasía, historicamente falando.
Antigo Exipto | ||
---|---|---|
Segue a: - |
Rei Escorpión | Precede a: Narmer |
Dinastía 0 |