Hornitos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hornitos, en 2005.

Hornitos é un balneario turístico situado na segunda rexión de Chile, a 90 km ao norte da cidade de Antofagasta e a 36 km de Mejillones.

Características[editar | editar a fonte]

Caracterízase polas súas finas areas, agradábel clima e bela paisaxe. De augas temperadas, Hornitos atópase situado no medio de cantís rochosos costeiros. Posúe un clima desértico con temperaturas homoxéneas na costa. A temperatura máxima media é de 24,5 °C e a mínima de 17,1 °C. As precipitacións son case nulas pero con abundante nebulosidade costeira. A máxima media é de 3 mm.