Homenatge a Teresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Homenatge a Teresa»
Canción de Ovidi Montllor
do Álbum A Alcoi
Lanzamento 1974
Formato {{{formato}}}
Gravada {{{gravación}}}
Xénero musical {{{xénero}}}
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración {{{duración}}}
Discográfica Edigsa
Produtor(es) {{{produtor}}}
Escritor(es) {{{escritor}}}
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Homenatge a Teresa é unha canción composta e interpretada por Ovidi Montllor, incluída no álbum A Alcoi (Edigsa, 1974).[1] É unha das cancións máis populares do cantautor de Alcoi.

Inspiración[editar | editar a fonte]

Esta canción, dun xeito marcadamente descritivo e emotivo, evoca o papel de Teresa, unha muller desinhibida que iniciaba a todos os rapaces da vila ("tots els xiquets la seguíem" - todos os rapaces a seguían), no coñecemento do mundo do sexo ("i ens donava lliçons d'anatomia" - e dábanos leccións de anatomía) e no rol de destapar todos os grandes misterios e secretos da infancia ("ella ens va dir d'on veníem i que els Reis de l'Orient no existien" - ela díxonos de onde viñamos e que os Reis de Oriente non existían), un rol marcadamente antisocial e transgresor no difícil contexto histórico dunha posguerra na que os tabús e a represión dominábano todo ("va ser la riota pels grans" - foi a chacota dos adultos).[2]

O autor declara a súa admiración por esta muller ("ara de gran comprenc tot el que per tu sent" - agora de maior comprendo todo o que por ti sinto) nesta peza intimista, que se converteu nun referente na historia da nova cançó catalana.

Cine[editar | editar a fonte]

A melodía de "Homenatge a Teresa" aparece no filme Sommer vorm balkon (2005), mais a música atribúese a Pascal Comelade sen ningunha referencia a Ovidi Montllor.

Créditos[editar | editar a fonte]

  • Ovidi Montllor — voz
  • Toti Soler — guitarra flamenca
  • Descoñecido — guitarra flamenca

Outras versións[editar | editar a fonte]

  • Un fragmento da canción, executado unicamente nun piano, abre e pecha o LP de Montllor Un Entre Tants..., inmediatamente anterior a A Alcoi.
  • Pascal Comelade e Miquel Gil gravaron unha versión con motivo do décimo aniversario do pasamento de Montllor (conmemorado no 2006).
  • José Antonio Labordeta interpretouna en directo, xunto ao propio Ovidi, en 1991; a gravación pode escoitarse no seu LP Tú y Yo y Los Demás, dese mesmo ano.
  • Cesk Freixas
  • Inadaptats no seu disco Homenatge a Ovidi.
  • El Diluvi no seu disco Ovidenques.

Notas[editar | editar a fonte]