Holly Near
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1949 (75 anos) Ukiah, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles Ukiah High School (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | actriz, compositora, actriz de teatro, actriz de televisión, actriz de cinema, produtora, música, compositora de cancións, cantante, cantautora, artista discográfico |
Período de actividade | 1963 - |
Xénero artístico | Música tradicional |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Columbia Records Appleseed Recordings |
Sitio web | hollynear.com |
|
Holly Near, nada en Ukiah, California o 6 de xuño de 1949, é unha cantautora, actriz e activista estadounidense.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de iniciar a súa educación secundaria en 1963, Holly Near uniuse á agrupación Freedom Singers, unha banda de música folk. En 1968 uniuse ó programa de artes teatrais da Universidade de California; ese ano asistiu á súa primeira protesta en contra da guerra de Vietnam.
A súa carreira profesional iniciou en 1969 cunha participación na serie de televisión The Mod Squad, seguida de aparicións noutras series como Room 222, All in the Family e The Partridge Family. Fixo papeis en filmes como Slaughterhouse-Five e Minnie and Moskowitz e obtivo un papel importante en Dogfight de 1991.
Formou parte brevemente do grupo de comedia musical "First National Nothing", aparecendo no álbum If You Sit Real Still and Hold My Hand, You Will Hear Absolutely Nothing (Columbia Records).
En 1970, Near participou no recoñecido musical Hair. En 1971 uniuse á xira Free The Army, un evento organizado polo activista anti-bélico Fred Gardner e polos actores Jane Fonda e Donald Sutherland. En 1972 fundou un selo discográfico independente chamado Redwood Records.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Angel, Angel, Down We Go (1969), Tara Nicole Steele
- The Magic Garden of Stanley Sweetheart (1970), Fran
- The Todd Killings (1971), Norma
- Minnie and Moskowitz (1971), Irish
- F.T.A. (1972), Ela mesma
- Slaughterhouse-Five (1972), Barbara Pilgrim
- The Weavers: Wasn't That a Time! (1982), Ela mesma
- Women of Summer (1985), Ela mesma
- Dogfight (1991), Rose
- Heartwood (1998), Lucille Burris
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ New York Times Bio. Consultado o 9 de marzo de 2017.
- ↑ Ruhlmann, William (2011). "Holly Near/Biography". Allmusic biography. Rovi Corporation. Consultado o 2012.
- ↑ "Biography". Her official site. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2018.