Historia da Bretaña
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Prehistoria da Bretaña
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Idade de Ferro
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Dominio romano
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Os comezos da Idade Media
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Idade Media
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
A Bretaña da Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Despois de 1532, a Bretaña retivo unha certa autonomía fiscal e lexislativa, defendida polos États de Bretagne a pesar do alza do absolutismo monárquico. Permaneceu maioritariamente católica durante o período dos Hugonotes e as guerras de relixión, a pesar de que o protestantismo se abriu certo camiño en Nantes e nalgunhas poucas áreas máis. Entre 1590 e 1598, durante a guerra da Liga Católica, Philippe-Emmanuel, Duque de Mercoeur (gobernador da Bretaña e marido da condesa de Penthièvre) tentou ser proclamado Duque da Bretaña e aliouse con Filipe II de España. Este último, por outra parte, considerou establecer á súa filla Isabel á fronte dunha Bretaña reconstituída. Henrique IV de Francia, aínda así, levou a Mercoeur a unha rendición honorable.
Durante a era de Colbert, a Bretaña beneficiouse da expansión naval francesa. Portos máis grandes foron construídos ou renovados en Saint-Malo, Brest, e An Orient, e os bretóns pasaron a constituír un dos compoñentes máis importantes da mariña francesa. Os bretóns xogaron un papel moi importante na colonización de Nova Francia e as Indias Orientais (véxase Colonización francesa de América).
En 1675, insurxentes na diocese de Cornouaille e doutros lugares erguéronse na Revolta dos Bonetes Vermellos. Os rebeldes, en contacto con Holanda, estiveron agardando unha axuda que nunca chegou. Sébastian Ar Balp, o líder da rebelión, foi asasinado polo Marqués de Montgaillard, quen o tiña prisioneiro. A rebelión foi esmagada polo Duque de Chaulnes, e centos de bretóns foron colgados ou esnaquizados na roda. Madame de Sévigné ergueuse dicindo que soldados franceses gornecidos en Rennes queimaran vivo un neno bretón nun espeto. Unha rúa enteira en Rennes, sospeitosa de sedicionista, foi demolida deixando ós seus habitantes sen vivenda.
Tempos modernos
[editar | editar a fonte]A Bretaña do século XIX adquiriu unha reputación dunha autarquía interminable, e os románticos desenvolveron unha imaxe do país como un bastión do tradicionalismo agrario, dos festivais relixiosos, e de paisaxes salvaxes. Ó mesmo tempo, a vida dos bretóns foi sendo integrada co resto da de Francia, particularmente baixo a Terceira república francesa.
A Bretaña tivo os seus propios movementos rexionalistas e separatistas que experimentaron éxitos variados en eleccións e outros acontecementos políticos. O nacionalismo bretón moderno desenvolveuse dende finais do século XIX a principios do XX. A maior parte deses movementos situábanse xunto ás correntes tradicionalistas católicas do momento. Despois de 1944, o nacionalismo bretón viuse parcialmente desacreditado pola colaboración dalgúns nacionalistas importantes cos nazis, quen ocuparon a Bretaña xunto coa maior parte do resto do Estado francés durante a segunda guerra mundial. Por outra banda, outros moitos nacionalistas bretóns tomaron parte na Resistencia. A Bretaña xogou un papel particularmente importante na Resistencia grazas á súa proximidade con Gran Bretaña, a relativamente escabrosa paisaxe, e á presenza de importantes instalacións navais.
Cando Francia foi dividida en rexións administrativas, a rexión oficial da Bretaña incluíu tan só catro dos cinco departamentos tradicionalmente considerados territorio bretón. Este movemento do departamento de Loire-Atlantique, que contiña Nantes (unha das dúas capitais tradicionais da Bretaña) da rexión bretoa ten sido un motivo de moitas discusións e controversias.
Unha estación nuclear experimental foi construída en Brennilis nos Montes de Arrée durante os anos 60, ocasionando ata 1988 numerosas protestas. Estivo operativa uns dez anos, e dende ese ano está en proceso de desmantelamento. Esta é a primeira vez que unha estación nuclear é desmantelada en Francia.
Dende os anos 60 no nacionalismo bretón tense desenvolvido algunhas faccións fortemente esquerdistas, xunto co decrecemento do tradicionalismo católico. Algúns grupos como o ARB, marxinais incluso nos círculos nacionalistas, apareceron nos xornais pola súa sabotaxe contra obxectivos altamente simbólicos.
En marzo de 1972, os traballadores da «Joint Français», unha factoría de Saint-Brieuc, erguéronse en folga reclamando un incremento dos salarios. A folga durou oito semanas.
Dende os anos 40, o uso do bretón ten diminuído precipitadamente. Na maioría das comunidades falantes de bretón, está volvéndose pouco común para os nenos nados dende 1945 adquirir un bo nivel na súa lingua mentres que o francés está a ser universalizado legal e oficialmente. Por outra banda, o bretón ten gozado dun crecente apoio entre os profesionais e intelectuais dende os anos 70, e o relativamente pequeno movemento urbano Diwan tentou deter a perda de xoves falantes de bretón a través de escolas de inmersión bilingüe.
O 16 de marzo de 1978, o superpetroleiro Amoco Cadiz encallou a uns centos de metros da ribeira do pequeno porto de Portsall, en Ploudalmézeau. O resultado foi a quinta vertedura de petróleo máis grande da historia mundial que afectou severamente o norte e o noroeste da Bretaña.
Entre febreiro e marzo de 1980, a poboación de Plogoff manifestouse para evitar a construción dunha planta nuclear na súa comuna, a pesar dos soldados e helicópteros enviados polo goberno para impedilo. Recibiron un amplo apoio dos medios de comunicación. O proxecto da estación foi abandonado tralas eleccións presidenciais de 1981, que levaron a François Mitterrand ó poder.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Skol uhel ar vro – High Institute of Brittany - Ti Istor Breizh – The house for the History of Brittany
- Douaroniezh Breizh – Xeografía da Bretaña (francés e bretón)
- Ofis ar brezhoneg - Axencia polo uso do Bretón (francés e bretón)
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |