Hipoxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Hipoxia pode referirse esencialmente a:

  • Hipoxia (medicina), condición patolóxica na que unha parte do corpo ou todo o corpo está privada dunha subministración de oxíxeno suficiente
  • Hipoxia (medio ambiente), contido de oxíxeno reducido no aire ou na auga (zona do mar, lago etc) prexudicial para os organismos aerobios.

Outros usos relacionados son:

    • Hipoxia autoerótica ou asfixia erótica, restrición intencionada de oxíxeno ao cerebro para procurar unha maior excitación sexual
    • Hipoxia cerebral ou anoxia cerebral, condición debida á redución da subministración de oxíxeno ao cerebro
    • Hipoxia de difusión ou efecto Fink, un factor que inflúe na presión parcial de oxíxeno nos alvéolos pulmonares
    • Hipoxia histolóxica, incapacidade das células de captar ou utilizar o oxíxeno do torrente sanguíneo
    • Hipoxia hipoxémica ou hipoxemia, deficiencia de oxíxeno no sangue arterial
    • Impulso hipóxico, un impulso respiratorio no cal o corpo usa quimiorreceptores do oxíxeno para regular o ciclo respiratorio
    • Hipoxia hipóxica, o resultado de haber insuficiente oxíxeno dos pulmóns
    • Hipoxia intrauterina, situación na que o feto é privado dunha adecuada subministración de oxíxeno
    • Hipoxia latente ou "apagón" de augas profundas, perda de consciencia que se pode producir cando os mergulladores a pulmón libre ascenden desde gran profundidade
    • Pseudohipoxia, incremento da proporción citosólica de NADH libre con respecto ao NAD+ nas células
    • Hipoxia en tumores ou tumoral, situación nas que as células dun tumor están privadas de oxíxeno suficiente.